Mostrando entradas con la etiqueta Recomendamos. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Recomendamos. Mostrar todas las entradas

viernes, 14 de febrero de 2014

Bosque de fantasías

 Nos comentarios recibidos no mes de xaneiro no blog de educación infantil, puidemos descobrir a unha parella madrileña, que nos permitiu coñecer un novo proxecto sobre contos e poemas infantís.

O espazo chámase 
e teñen contidos exclusivos e inéditos, escritos por eles mesmos.
http://www.bosquedefantasias.com/
Todos estes recursos os comparten con diferentes centros educativos para fomentar a lectura infantil, así que aquí compartimos a ligazón á súa web para que vos mesmos poidades descobrir os seus traballos.

lunes, 20 de enero de 2014

Mostra "12 Meninas" na Praza E de Vigo

O 13 de decembro, abríu as súas portas a sala de arte Apo’strophe na pranta baixa do Centro Comercial Plaza Elíptica.
 Para iniciar a súa andadura elixiron nada máis e nada menos que unha homenaxe ao maestro Velázquez en “12 MENINAS“. 12 artistas interpretan a súa obra en pintura, escultura, grabado e fotografía.
As obras de Víctor Alonso, Colin Baldwin, Sara Bello, Moncho Borrajo, Rosa García, Ángeles Jorreto, Manuel M. Barreiro, Rut Martínez, Gonzalo Quicler, Fabiola Mecías, Lina Ramilo e Ucha, nos guiarán neste percorrido sensorial.
A exposición permanecerá na sala ata o día 24 de xaneiro e o seu horario de apertura é de luns a venres de 18 a 20h, sábados ata as 22h.
Aproveitando que o alumnado de 1º ciclo de educación primaria está a traballar coa figura de Velázquez e con este cadro, en concreto, RECOMENDAMOS ENORMEMENTE VISITAR A MOSTRA NESTE CENTRO COMERCIAL.
Xa nos contaredes!!!