Mostrando entradas con la etiqueta Gaspar. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Gaspar. Mostrar todas las entradas

viernes, 25 de diciembre de 2020

CARTAS DE GASPAR 1º TRIMESTRE

Trala inauguración da BiblioRía comezamos a investigar sobre a temática do PDI deste curso, cuxo lema é "Sentidiño no Camiño". Para acadar as nosas pesquisas sobre o Camiño de Santiago contamos coa axuda privilexiada de Gaspar! Durante este trimestre enviounos dúas cartas as aulas, que nos leron os bibliotequeir@s, motivando as nosas investigacións. 

Aquí vos deixamos as cartas de Gaspar e algún dos nosos traballos do trimestre.




Nenos/as de 4º na procura de información pola biblioría:

Continuamos...

martes, 26 de junio de 2018

ATA SETEMBRO

Gaspar xa se despide deste curso e vai en busca de novas aventuras que traerá ao Ría no mes de setembro, no vindeiro curso. Que cousas atopará?
Viaxa moito Gaspar e disfruta do verán. 

martes, 4 de julio de 2017

DESPEDIDA DO CURSO 16/17

Xa rematado o curso, Gaspar despídese de toda a comunidade do CEIP RÍA DE VIGO vestido coas cores do verán,  na procura de aventuras novas para o vindeiro curso 17/18. Boas lecturas veraniegas.
ATA SETEMBRO!

sábado, 29 de octubre de 2016

NOVA CARTA DE GASPAR

Hoxe recibimos unha nova carta de Gaspar. Miradea!
Temos que adiviñar cal é a MARABILLA  para traballar no mes de Novembro.


Pois sí, é o COLISEUM. Xa sabedes, temos que buscar información . Pues ánimo, ide na procura de aventuras.

domingo, 16 de octubre de 2016

INMINENTE CHEGADA DE GASPAR

Estades preparados? Estades listos? Gaspar está a piques de chegar. Que ilusión! Dentro de pouco xa podemos ir a BiblioRía e mergullarnos nun montón de aventuras. Estamos desexando recibir as cartas de Gaspar. Por iso, dende o equipo de profes da "Biblio " mandouse a todas as titorías un sobre donde Gaspar ten que introducir as suas "novas". Mirade que chulo quedou!

Xa queda menos! A biblioteca inaugúrase o 24 de outubro, xa que coincide con día Internacional da Biblioteca escolar (22 de outubro)   http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/?q=node/118

viernes, 25 de octubre de 2013

Nova carta de Gaspar

O pasado mércores, 23 de outubro, chegou ás nosas aulas unha nova carta de Gaspar.




Ola amiguiños e amiguiñas!

Aquí estou xa de volta, e encantado de pensar que axiña vou estar con vos, todos os días, escoitando as vosas risas e os vosos contos.

Como xa falta pouco para o Día das Bibliotecas Escolares, o 24 de outubro, estamos a preparar una pequena festa para ese día, por iso vos mando unha invitación. Espero que poidades vir todos/as, xunto coas vosas profesoras e profesores.
Pero antes quero mandarvos unhas pistas para axudarvos a descubrir o enigma proposto na carta anterior.
A primeira pista é un agasallo, un bulbo dunha pranta, que vos traio dese lugar no que estiven. Se o prantades e o cuidades ben, na primavera dará unha flor que é a típica do país no que me atopaba. Alí hai campos cheos delas, Xa o adiviñastes?
A segunda pista é ao mésmo tempo un pequeno favor que vos quero pedir. Xa tedes decorados os cadrados de cartolina que vos encarguei? Pois se é así gustaríame que poñades neles,  ben centradiñas, as láminas que vos envío. E... a ver que vos fai pensar! Pero antes diso, dádelle a volta, e coa información que atoparedes detrás podedes encher a ficha que tamén vos mando. Agora si podedes pegalas, pero con BLUE-TACK,  eh! (facede catro boliñas, unha en cada esquina e xa está).
Penso que volo puxen fácil, non si? Seguro que agora xa sabedes onde estiven e tamen en que país. E si é así, tamén tedes a pista do tema deste curso. Se aínda non o tedes claro non vos preocupedes, o día 25 quedará desvelado o misterio.
Moito me gustan estes xogos!  E a vos?
Bueno, pois non se fale máis. Mans á obra!
Agardo por vos,  o día 25,  na BiblioRía.
Bicos de libros,
GASPAR
16 de outubro de 2013
 
Despois de ler a carta, estivemos a falar e "discurrir" sobre as pistas que nos relataba (aquí podedes ver ao alumnado de 5 anos descubrindo o bulbo e as láminas agasalladas por Gaspar):

1. A primeira pista é un agasallo, un bulbo dunha pranta, que vos traio dese lugar no que estiven. Se o prantades e o cuidades ben, na primavera dará unha flor que é a típica do país no que me atopaba. Alí hai campos cheos delas, Xa o adiviñastes?

2.A segunda pista é ao mésmo tempo un pequeno favor que vos quero pedir. Xa tedes decorados os cadrados de cartolina que vos encarguei? Pois se é así gustaríame que poñades neles,  ben centradiñas, as láminas que vos envío. E... a ver que vos fai pensar! Pero antes diso, dádelle a volta, e coa información que atoparedes detrás podedes encher a ficha que tamén vos mando. Agora si podedes pegalas, pero con BLUE-TACK,  eh! (facede catro boliñas, unha en cada esquina e xa está).
Dentro de moi pouco, poderedes desfrutar coas actividades realizadas nas aulas coas láminas, así como das prantacións dos bulbos dos que medrará unha flor típica do país por onde andivo a nosa mascota.
De momento aquí vos deixamos coa invitación  para asistir á reapertura da BiblioRía (cada aula tiña a súa propia invitación personalizada).

miércoles, 26 de octubre de 2011

Carta de Gaspar no mes de outubro

Ola nenos e nenas!
 Xa estou no camiño de volta ao cole, aínda que me atopo un pouco lonxe.
Agora xa non estou nas frías augas do CANADÁ, senón nas augas quentes do CARIBE, por iso decidín pasar aquí uns días disfrutando deste clima: “Que ben se vive, neste Caribe. . . “
Aquí atopeime cuns vellos amigos que viven nun antigo GALEÓN español, afundido fai moitísimo tempo polos PIRATAS.
 Hai moitísimos barcos e moitísimas  illas, e dinme os meus amigos que  nalgunhas destas illas aínda quedan TESOUROS  agochados  dalgúns PIRATAS despistados que perderon o MAPA,  pero eu  non tiven a sorte de atopar ningún tesouro. Aínda que nunca se sabe!
 O que si atopei foi unha chea de   contos e outros libros  moi fermosos  que vos quero levar, a ver si vos gustan! Son historias cheas de aventuras, fantasía e imaxinación, aínda que outras son completamente reais, e en todas elas estou a aprender unha morea de cousas que ignoraba das embarcacións coas que me cruzo a diario navegando polos sete mares.
Coidade da BiblioRía, aí tamén se atopan agochados unha chea de TESOUROS.
Pois ben, vémonos na BiblioRía o venres 28 de Outubro e faremos unha gran festa para celebrar este encontro. Teño moitas gañas de vervos, aínda que sinto mágoa de deixar de xogar entre tantos BARCOS como aquí hai.
Fágovos unha proposta: Decorade os corredores con barcos que vos gusten e así tamén vos sentiredes a aventura de navegar polos sete mares, e eu seguirei navegando entre lectura e lectura, facendo nosa a frase de Arturo Pérez-Reverte “Suban a bordo, lean e naveguen”.
Ate pronto. Bicos.

GASPAR
Outubro 2011