Mostrando entradas con la etiqueta Lendo con Arte. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lendo con Arte. Mostrar todas las entradas

miércoles, 25 de junio de 2014

FESTIVAL FIN DE CURSO - SEGUNDA PARTE-

Seguimos coa segunda parte da festa!
 Chegou o día das actuacións do segundo e terceiro ciclos. 
Tal e como fixeron os nenos e nenas máis pequenos onte, hoxe fixemos da festa unha mostra de parte do traballado ao redor do proxecto da Biblioteca " lendo con arte", que xa ben coñecedes. 
Na aula de 3º curso adaptaron o libro que estiveron traballando durante todo o curso titulado " Las siete caras del señor Grunt, de Ana Alonso para representalo cunha obriña de teatro que retitularon
" As seis caras do Gran señor". 
 A continuación  fixemos unha pequena homenaxe a unha alumna do colexio, LARA CASTRO TABOADA, de 5º curso, polo 2º premio recibido no Certame Literario do Concello de Outes por 3º ano consecutivo, cun poema precioso que recitou para todos nós.
En 4º curso centráronse nunha obra dun dos pintores galegos máis coñecidos Laxeiro. Mostráronnos ao seu xeito o cadro " O trasmundo".
O alumnado de 5º curso ampliou a presentación feita no Nadal do cadro da súa aula " El Guernica", cunha explicación acompañada de música.

Despois, os alumnos e alumnas de 6º traballaron durante todo o curso o pintor Monet: paisaxes, natureza, tranquilidade, cores....co cadro 
" La terraza de Sainte-Adresse" .
Por último, tivo lugar a graduación dos nenos de 6º, que rematan a etapa no Ría e comezan outra nova no instituto.
 Sorte para todos e todas!!
 Botarémosvos moito de menos.

domingo, 22 de junio de 2014

FESTIVAL DE FIN DE CURSO - PRIMEIRA PARTE-

O curso xa está a piques de rematar e aquí  estamos, coma sempre, metidos en danzas para celebralo.
 Como este curso andivemos  a trafegar no mundo da arte, dentro do noso proxecto “Lendo con Arte”, estes nenos e nenas están feitos uns artistas!
Así o están a demostrar  neste festival de fin de curso tan cultural, onde ademais de recitar, cantar e bailar, tamén nos contan do xeito máis artístico o que aprenderon coa investigación do proxecto sobre os pintores e as obras que cada quen traballou.
En primeiro lugar foi a actuación de 1º e 2º de Primaria (1º ciclo), que escenificaron o cadro de Velázquez, “LAS MENINAS”,  e nos contaron tódolos pormenores e cotilleos da corte de Felipe IV e de todas as personaxes  que quedaron inmortalizadas no cadro. Rematou a historia bailando un “Minué”.
En segundo lugar foi a actuación de Educación Infantil que xirou arredor da figura e da obra de VINCENT VAN GOGH.
Un grupo mixto formado por nenos e nenas de 3, 4 e 5 anos comezaron recitando un poema que  resumía a vida de Van Gogh.
A continuación os nenos e nenas de 3 anos fixeron unha danza coa música:  “Starry, Starry Night” de Don McLean, que falaba do cadro co que máis traballaron: “La Noche Estrellada”. Para rematar recitaron un poema elaborado na aula adicado a este cadro.
Os nenos e nenas de 4 anos tamén fixeron un baile coa canción: “ Una calle de Paris” na versión de El Sueño de Morfeo, que tamén fala de Van Gogh e a súa habitación, xa que eles traballaron moi especialmente co cadro
“La Habitación de Arlés”. A continuación recitaron un poema adicado especialmente a ese cadro.
E xa para rematar os nenos e nenas de 5 anos  coa canción “Happy” de  Pharrell Williams fixeron unha coreografía que rematou nun cadro vivente do cadro de Van Gogh “Los Girasoles”. Tamén eles tiñan un poema dedicado a este cadro que traballaron especialmente durante o curso e que recitaron para todos como broche final.
Por último tivo lugar a gradución destes nenos de 6º de Infantil que recibiron a banda e a orla, xa que o próximo curso pasan a Primaria. Norabóa!

viernes, 13 de junio de 2014

O COLEXIO CONVERTEUSE NUN MUSEO

Neste curso, os corredores enchéronse de arte, converténdose nun museo.
Por unha banda, temos cadros que nos trouxo o profesor Carlos do IES "Val de Tea", que é pai dun neno do colexio e, por outra banda, copias de cadros famosos feitos polos nenos e nenas das distintas aulas.
Na aula de Inglés integráronse contidos de Arte coa Lingua Inglesa; tanto nas clases de Lingua Estranxeira, Inglés, como nas de Arte en Inglés nos grupos Plurilingües e Bilingües. Cada curso traballou en lingua inglesa técnicas pictóricas diversas nun principio. Posteriormente, cada curso de Educación Primaria centrouse nun pintor norteamericano para crear o seu propio cadro ou a versión dese cadro. Cada un destes cadros pasou a formar parte do Museo no que se converteu a clase de inglés “The English Classroom turns into a Museum”.
Estes son os cadros que alumean os nosos corredores:
KANDINSKY- " los cuadrados con círculo concéntricos"
VAN GOGH - "Autoretrato", "La noche estrellada" e " La habitación de Arles"
EL GRECO- "El caballero de la mano en el pecho".
PICASSO- "Autoretrato", " Pablo vestido de arlequín", " El joven de la gabardina roja"
MUNCH- " El grito".
CÉZANNE- "Autorretrato".
ARCIMBOLDO- " Las estaciones".
VELAZQUEZ- " Las meninas".
LAXEIRO- " O trasmundo".
PICASSO- " El Guernica".
MONET - " La terraza de sainte-Adresse, "Dama con parasol"

Hoxe tedes dúas reportaxes gráficas: Na primeira podedes ver os cadros prestados ó colexio e na segunda   as obras de arte feitas polos nenos e nenas do colexio.



 


jueves, 29 de mayo de 2014

ACTIVIDADES DO MES DE XUÑO


No mes de xuño temos programadas as seguintes actividades:

DÍA 5- CONTARTE- EDITORIAL OKO - 4º DE PRIMARIA- 10:30

DÍA 13- MERCADIÑO DE LIBROS. 

DÍA 19- FESTIVAL CULTURAL DE EDUCACIÓN INFANTIL E  1º CICLO

DÍA 20- FESTIVAL CULTURAL 2º E 3º CICLOS.



martes, 13 de mayo de 2014

ACTIVIDADES DO MES DE MAIO

No mes de maio, na BiblioRía temos moitas actividades de contacontos e autores, por cortesía das distintas editoriais, ademais dunha quedada literaria en Castrelos.
 

viernes, 11 de abril de 2014

XUNTOS POLA PAZ



Hoxe, día 11 de abril, POR FIN, puidemos xuntarnos co colexio " Castelao" de Navia, para facer unha CONVIVENCIA POLA PAZ, esta xuntanza estaba programada para o día 30 de xaneiro pero con tanta cicloxénesis tivemos que retrasalo ata o día de hoxe.
Esta actividade queda enmarcada dentro do proxecto " Lendo con Arte", que estamos levando a cabo neste curso.Fomos seleccionando símbolos da paz do artista español Pablo Picasso; cada curso adoptou un cadro con algún destes símbolos, no que colaboraron especialmente os nenos/as de 5º curso. Todos eles forman agora parte da decoración do porche do noso colexio.
Comezamos a mañán esperando aos nenos doutro colexio na entrada. Cada curso recibíu aos nenos/as do mesmo curso do " Castelao" e xuntos entramos no ximnasio, onde tivo lugar a primeira actividade desta xuntanza.
 Os nenos/as de 5º curso representaron o cadro " Guernica" con "luz negra".
Máis tarde comezaron os xogos cooperativos, dirixidos polos mestres/as ; os nenos/as por grupo foron pasando polos distintos xogos: pintacaras, abrazos,musicais, contacontos, paracaídas....etc.
Despois merendamos todos xuntos e os nenos/as aproveitaron para coñecerse en persoa aos amigos que fixeron a través de cartas que intercambiaron
O colexio  "Castelao" obsequiounos cun cadro do " Guernica" precioso.
Terminamos a xuntanza despedíndonos de todos os nenos/as do colexio "Castelao", agradecéndolles a súa visita.
Foi unha mañán estupenda!!

miércoles, 9 de abril de 2014

HOXE VISITOUNOS PAULA CARBALLEIRA


Hoxe,día 9 de abril, visitounos a escritora PAULA CARBALLEIRA, Fene,A Coruña,1972, por cortesía da editorial Tambre-Edelvives.
 A sesión estaba preparada para os nenos/as de 3º e 4º cursos.
Paula empezou co teatro no colexio, despois participou como actriz en series e programas de la Televisión Galega; tamén escribíu numerosos libros, coma o que leron os nenos/as de 4º curso titulado "CASAS".
A sesión resultou moi divertida. Contou aos nenos/as contos de suspense e medo. Dicía que cando ti contas unha historia de medo a alguén, tí xa non tes medo; de este xeito Paula contaba historias de medo ao seu irmán Antonio, ela marchaba a durmir porque xa non tiña medo e o neno non podía durmir en toda a noite, Antonio contoullo a súa nai e prohibíulle contarlle contos ao seu irmán, por isto cando foi maior empezou a escribir as súas historias.
Explicounos como escribíu o libro " Casas".  Cando era pequena vivía nun piso que lle parecía grande, máis tarde cando naceron os seus irmáns  parecíalle más pequeno. Cando foi maior e tiña que atopar unha casa para vivir investigou diferentes tipos de casas e así xurdiron as diferentes casas que aparecen no libro, máis algunhas outras imaxinadas por ela.
Os nenos/ as de 3º e 4º cursos pasárono moi ben coas historias que lles contou Paula.
Foi unha sesión inolvidable!!
Moitas grazas Paula! Esperamos verte moi, moi axiña.



ACTIVIDADES PARA O MES DE ABRIL


O mes de abril está cheo de actividades de animación á lectura; pois como xa sabedes,
 "EN ABRIL, LIBROS MIL" .





domingo, 6 de abril de 2014

CHEGOU O MES DE ABRIL



“EN ABRIL, LIBROS MIL”
Ola amiguiños e amiguiñas!

Xa chegou o mes do libro!

Aínda que nós andamos sempre mergullados entre libros, este mes queremos facelo dun xeito moi especial. Estade atentos ao programa, que imos ter unhas actividades superchulas.

Tamén é tempo de lembrarse dos padriños; pois a ver se os padriños do cole van buscando o conto máis bonito para lerlle como agasallo aos seus afillados.

O venres, día 4, algúns dos maiores fixeron xa unha visita aos seus afillados/as.

Tamén os nenos e nenas de 3 anos, que son novos no cole, van ter uns novos padriños. Serán os nenos e nenas de 3º de Primaria que xa pasaron ao lado dos maiores e este ano estréanse como padriños.

Seguro que o farán todos moi ben.

FELIZ MES DO LIBRO!

jueves, 27 de marzo de 2014

DÍA DO TEATRO



Hoxe, día 27 de marzo, xa case a piques de rematar este mes tan cheo de festa, chega o
DÍA DO TEATRO.
Os nenos/as de 3º curso fixeron unha representación dunha parte do libro que están lendo na clase " Las seis caras del señor Grunt", da escritora Ana Alonso, que visitounos fai uns días.
A este representación asistiron os nenos/as de 5º curso.
A obra trata dun pintor, chamado Max, que ten que pintar a un capitán con sete caras diferentes.
Aplaudímoslles moito porque o fixeron moi ben.
Mirade as fotos!