Seguimos coa segunda parte da festa!
Chegou o día das actuacións do segundo e terceiro ciclos.
Tal e como fixeron os nenos e nenas máis pequenos onte, hoxe fixemos da festa unha mostra de parte do traballado ao redor do proxecto da Biblioteca " lendo con arte", que xa ben coñecedes.
Na aula de 3º curso adaptaron o libro que estiveron traballando durante todo o curso titulado " Las siete caras del señor Grunt, de Ana Alonso para representalo cunha obriña de teatro que retitularon
" As seis caras do Gran señor".
A continuación fixemos unha pequena homenaxe a unha alumna do colexio, LARA CASTRO TABOADA, de 5º curso, polo 2º premio recibido no Certame Literario do Concello de Outes por 3º ano consecutivo, cun poema precioso que recitou para todos nós.
En 4º curso centráronse nunha obra dun dos pintores galegos máis coñecidos Laxeiro. Mostráronnos ao seu xeito o cadro " O trasmundo".
O alumnado de 5º curso ampliou a presentación feita no Nadal do cadro da súa aula " El Guernica", cunha explicación acompañada de música.
Despois, os alumnos e alumnas de 6º traballaron durante todo o curso o pintor Monet: paisaxes, natureza, tranquilidade, cores....co cadro
" La terraza de Sainte-Adresse" .
Por último, tivo lugar a graduación dos nenos de 6º, que rematan a etapa no Ría e comezan outra nova no instituto.
Sorte para todos e todas!!
Botarémosvos moito de menos.

No hay comentarios:
Publicar un comentario