miércoles, 4 de junio de 2014

EUROPA Á CARTA

O luns, día 2 de Xuño, tivemos o terceiro e último obradoiro do proxecto COCIÑANDO CONTOS.
Nesta ocasión foi para o alumnado de 4º de E. Primaria e resultuo igualmente interesante e divertido.
Distribuídos en cinco grupos de cinco nenos e nenas, Cristina, a monitora de OQO editora, comezou presentándolle un mapa de Europa e a continuación imaxes de comidas que correspondían a distintos  países: España, Francia, Italia, Polonia e Portugal. Coñecíamos o nome de moitas comidas, sobre todo do noso país, aínda que tamén de Italia, Francia e Portugal.
Logo comeza o xogo, clasificar as fotos das comidas e saber de que país son, elaborar un menú para un restaurante, ao que lle teñen que buscar un nome que teña  algo que ver co país, poñerlle precio ao menú e facer unha promoción.
Por último cada grupo expuxo aos demaís o seu traballo facendo razoamentos sobre os prezos.
O obradoiro foi todo un éxito que lles deu a oportunidade de traballar unha chea de conceptos sociais, matemáticos e gastronómicos dun xeito divertido.
Unha vez máis, grazas Cristina, e tamén grazas a OQO editora e ao Concello de Vigo por este proxecto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario