PASADE pola biblioteca para botar unha ollada.
Mostrando entradas con la etiqueta Medo. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Medo. Mostrar todas las entradas
martes, 1 de noviembre de 2016
Bibliografía sobre o MEDO
Xa que estamos no tempo do SAMAÍN, o alumnado de 6º de E. Primaria fixo unha recopilación de contos sobre o MEDO.
PASADE pola biblioteca para botar unha ollada.
PASADE pola biblioteca para botar unha ollada.
lunes, 7 de noviembre de 2011
El oso miedoso
Na entrada anterior, comentabamos a importancia de traballar o sentimento de medo. Aproveitamos a festa do Samaín para ler contos destinados a superar esta emoción.
Podedes lembrar o artigo titulado CELEBRAMOS O SAMAÍN, publicado no blogue de educación infantil, premendo no título do mesmo e, dende este blogue, poderedes acceder a máis información sobre os libros traballados na entrada titulada CONTOS PARA TRABALLAR O MEDO.
Unha das lecturas traballadas e que non figuraba nesa lista de libros foi "El oso miedoso" e grazas a un dos milleiros álbumes picasa atopados na rede, a podemos compartir con vós.
Fonte das imaxes: https://picasaweb.google.com/niepam/CuentosDeEducacionEmocional4Anos#
(dende este álbum picasa, poderedes atopar máis lecturas sobre educación emocional)

viernes, 4 de noviembre de 2011
Contos para traballar o medo
Como todos os anos por estas datas, a celebración do Samaín é unha actividade que lles gusta moito a grandes e pequenos (bueno, a algúns non tanto... pero logran vencer os seus medos)
Dende as aulas de educación infantil do cole, decidimos traballar esta emoción dunha maneira lúdica e divertida.
Así, durante todos estes días de outubro-novembro, estivemos a ler e traballar nas aulas diferentes contos relacionados co sentimento de medo.
Algunhas lecturas recomendadas son as seguintes:
A MIÑA AMIGA A ESCURIDADE. Ella Burfoot. Baía Edicions.
ISBN 9788496893535
(Mentres María xoga, a escuridade entra a través da ventá do seu cuarto. María non se asusta e xuntas pasan boa parte da noite xogando e bailando. Esta historia presenta a escuridade como amiga das nenas e os nenos)
MONSTRUOS DIVERTIDOS. VV.AA., EDICIONES SM, 2000
ISBN 9788434880009
ISBN 9788434880009
(Con este libro de rimas, o neno aprenderá que non hai que ter medo aos monstruos. En cada páxina se inclúen ilustracións sorpresa coas que o neno se divertirá)
GATO GUILLE Y LOS MONSTRUOS. Rocío Martínez. Kalandraka. 2000
ISBN 9788484640028
ISBN 9788484640028
(Na casa de Guille escóitanse uns sons un tanto raros e ata a súa propia nai está asustada. Pero Guille atopa a fórmula para desenmascarar os medos)
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










