Mostrando entradas con la etiqueta Lendo espero. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Lendo espero. Mostrar todas las entradas

domingo, 24 de febrero de 2019

LENDO ESPERO

E como estamos reformando todos os recunchos de lectura, tócalle á vez a "LENDO ESPERO" no porche. Aquí continuaredes disfrutando de marabillosas  aventuras.





 As familias que o desexen poiden deixar un libro para compartir pero deberán anotarse nunha folla en "lendo espero".Estes libros poderán ser de maiores ou de pequenos e terán un andel propio para non mezclarse con outros libros do cole.

lunes, 9 de febrero de 2015

INAUGURASE O RECUNCHO " LENDO ESPERO" PARA AS FAMILIAS



Xa sabedes que dende a BiblioRía desenvolvemos o programa
 “ LENDO ESPERO” para que as familias que agardan polos seus fillos, polas tardes,  poidan facelo lendo un libro ou unha revista na  Biblioteca do colexio.

Para facilitar, se cadra un pouco máis, ese acercamento da lectura ás familias INAUGURAMOS O RECUNCHO “ LENDO ESPERO”, no “porche” do colexio  o martes 10 de febrero.

A partires deste día, podedes esperar polos vosos/as fillos/as ao rematar a xornada escolar, o  comedor ou as actividades  ollando un libro, a prensa, unha revista…..etc. 

Lembrade que tamén tedes á vosa disposición a Biblioteca do colexio polas tardes os luns, mércores, xoves e venres de 16:00 a 18:00, atendida polo/a mestre/a que estea de garda ese día  e os martes de 16:00 a 17:00, atendida polo equipo de Biblioteca.

Aproveitamos a ocasión para dicirvos que temos libros novos moi interesantes que podedes levar en préstamo polas tardes na Biblioteca.

Esperamos que vos guste e que gocedes da lectura neste espazo pensado especialmente para vós.

FELICES LECTURAS E FELIZ ESPERA!!
Podedes ver as fotos dos cambios que foron produciendo dende o mes de xaneiro no recuncho da entrada o colexio: