Hoxe, día 17, o escritor Xavier estévez visitou a biblioRía para falarnos do seu libro cheo de emocións titulado: " O corazón da maxia" que estiveron a ler os nenos/as de 6º curso. Os de 6º curso foron contar onte aos de 5º o argumento do libro para poder asistir á visita.
Xavier explicounos como comezou a escribir e contounos moitas cousas do libro. Quedou abraiado do que traballaron os nenos/as sobre o libro: fixeron un libro grande con debuxos, un traballo de gramática relacionado co libro..etc.
Asinou os tres libros que tiñamos xa na biblioteca deste autor e escribíu unha dedicatoria moi bonita no noso "Libro de Bitácora". Por ultimo, a modo de agradecemento, lle entregamos un agasallo de gominolas de Gaspar e corazóns, por ser este un ano cheo de emocións.
Mirade as fotos!

No hay comentarios:
Publicar un comentario