miércoles, 21 de mayo de 2014

CONTOS A PEDIR DE BOCA

Onte, luns 19 de maio, empezamos cos obradoiros de contos. 
O primeiro titúlase "CONTOS A PEDIR DE BOCA"
 Os protagonistas foron os nenos e nenas de 5 anos.
Hoxe,  contámosvos como foi a sesión de animación á lectura e contacontos na escola, na que traballamos arredor destes contos e realizaremos actividades "saborosas".
A través do obradoiro, puidemos descubrir un repertorio de historias onde o tema principal foi a alimentación e todo o que xira ao seu arredor: alimentos, cociña, sabores,...
A BiblioRía estaba preciosa, ambientada cunha decoración chulísima, así coma cos contos que recibimos na aula e algúns que, ao longo da sesión, coñecimos.
 Comezamos o obradoiro coa lectura duns contos saborosos que nos gustaron un montón. Raquel é unha fabulosa contacontos!!! Todos e todas estabamos atentísimos ás historias e aos acontecementos que, páxina a páxina, descubriamos. Aínda que algunha historia xa a tiñamos visto na aula, foi un pracer voltar a escoitar o conto da man da nosa contacontos.
"Croco" foi o primeiro conto; despois chegaron dúas historias xa coñecidas por nós: "Sopa de nada" e "A Sopa Queima".
 Rematamos a sesión de contos co xigante " Verlioka".
Unha vez rematada a lectura dos contos, chegou o momento de poñer "mans á masa" e traballar coa infinidade de alimentos que Raquel trouxera á sesión. 
De un en un,  achegámosnos á mesa onde a monitora  deunos un anaco de prato de papel, un alimento e descubrimos outros agochados baixo unha "bolsa sorpresa". Con todo iso, tiñamos que debuxar no prato a receita que saira: "Ovos con tomate", "Fideos con peixe", "Tarta con mel",... foron algunhas das receitas que fixemos.
Unha vez rematadas, buscamos as nosas "parellas de prato", a partires da cor que cada un deles tiña por detrás. Así, formamos e completamos cada un dos pratos para realizar estes días na aula un pícnic con elas.
Raquel agasallounos cun mantel que decoraremos estes días e co que poderemos facer unha requetesaborosa receita.
Se queredes ver as fotos premede no enlace de abaixo.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario