viernes, 23 de mayo de 2014

CONTACONTOS " SARABELA"



O día 21 de  maio, tivemos a grata sorpresa de contar con   Nati,  ou Nati Natillas, do grupo de teatro “Sarabela”, que nos trouxo á biblioteca a editorial Everest, e que nos deleitou con duas sesión de contacontos.

A primeira sesión, as 10:20 de mañá, foi para os nenos e nenas de E. Infantil, o ciclo completo. Setenta e cinco nenos e nenas espectantes por ver que lles podía contar de novo aquela moza que os agardaba na biblioteca.

Nati ten un amigo que se chama Emilio, que é cociñeiro, e mentres fai as comidas a xente pasa pola cociña e cóntalle historias, despois Emilio cóntallas a Nati e así é como ela nolas pode contar a nos.

A primeira historia era dun can chamado Nico, que vivía nunha granxa de ovellas, pero pola noite non podía durmir, ate que a súa irmá Nica lle propuxo que contase ovellas, como fan os humanos.

A continuación contounos unha historia de unha viaxe de Emilio a África, que coñeceu a tribo dos “Mangala”, aprendemos una canción africana e descubrimos como apareceron os animais da selva.

E como os nenos e nenas querían máis, Nati compraceunos contándolles outro conto  africano titulado “Os tres moniños”, que se parecía moito aos 3 porquiños.

Foi unha sesión estupenda onde os pequenos do cole participaron interactuando e colaborando en todo aquilo que  a contacontos lles pedía.
        Estiveron moi atentos non so á narración, senón a esa magnífica    expresión corporal coa que Nati  acompañaba cada historia. 
 


A segunda sesión foi ás 11:10h  para o 2º ciclo de Primaria, ou sexa para 3º e 4º. Nesta sesión foi tamén Nati quen nos contou as historias que lle  contou Emilio mentras cociñaba.
Contoulle unha historia que ten presente sempre que cociña, para non esquecerse de botar sal as comidas que fai na súa cociña.
A historia trata dun rei que expulsou a súa filla do reino porque lle botou sal na comida; despois dun tempo, decatouse da importancia que ten o sal, porque sen esas pedriñas pequenas as comidas non teñen sabor; de este xeito pediulle perdón  a súa filla e dende aquel momento empezou a valorar máis as cousas pequenas coma o sal.
 Por último, contounos  unha historia do Kiwi, un paxaro de Nueva Zelanda, que foi o único animal que axudou ao rei a salvar os bosques de Nueva Zelanda, que estaban sendo destruídos polos vermes;  por isto éste animal é moi valorado e querido no seu país.
Despedímonos de Nati agradecéndolle o bo momento que nos fixo pasar e invitándoa a vir noutro momento a contarnos máis historias.
Para rematar, escribíu no "libro de Bitácora"e  os nenos e nenas entregáronlle o noso marcapáxinas.

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario