Onte, 23 de maio, celebramos a III Quedada Literaria.
Reunímonos no parque de Castrelos os colexios: Carrasqueira, Emilia Pardo Bazán, O Pombal, Frian Teis, CPI Ribeira, A Doblada, Fleming, Eduardo Pondal e o noso colexio. Contamos tamén coa visita do IES República Oriental do Uruguay que participou contando contos aos máis cativos.
Do noso colexio acudiron a Quedada os nenos de 5 anos e os de 5º curso. Os máis cativos xuntáronse cos nenos de infantil do CPI Ribeira e fixeron pequenos grupos para escoitar os contos que tiñan preparados os alumnos/as de 1º da ESO; ademais escoitaron en gran grupo á unha "Contacontos" que lles contou unha historia preciosa sobre animais.
Os nenos/as de 5º curso compartiron lecturas cos nenos/as do colexio Emilia Pardo Bazán e o Fleming.
Despois da lectura e a merenda, escoitamos os contos de Bea e Davide, e as palabras de concelleira Uxía Blanco.
Por ultimo, cantamos todos xuntos a canción de
Migallas " O libro máxico".
Todo isto foi posible gracias á coordinación do Servizo De Normalización Lingüística do concello de Vigo, de Antonio Fernández, profesor do IES Carlos Casares, da Biblioteca " Xosé Neira Vilas" e dos mestres/as dos centros participantes.
Foi unha xornada moi bonita chea de lecturas emocionantes.
Mirade as fotos!
Mirade as fotos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario