O ILUSTRADOR ABRAHAM CARREIRO VISITOU A NOSA BIBLIOTECA
O Ilustrador Abraham Carreiro visitou hoxe a nosa BiblioRía.
Os alumnos/as de 3º, 4º, 5º e 6º puideron disfrutar dunha sesión dedicada ó comic.
Estiveron moi atentos ás explicacións que Abraham lles deu sobre o proceso de elaboración dun comic.
Como este curso o Proxecto da BiblioRía titúlase "Lendo o mundo con Tintín"; as explicacións dadas por Abraham serviránnos para facer máis actividades relacionadas co proxecto e mellorar, cos pequenos trucos que nos presentou, a realización dos nosos comics.
Actualmente traballa como debuxante, ilustrador e deseñador gráfico. Ademais da colección Contos que len outros nenos do mundo e outros traballos, ten publicados: A fortuna de Bartolomeu ; Xanardán e a becha ; Grandes contra pequenos ; O corvo do chapapote ( Ed. A Nosa Terra); Os pequenos Barbanzóns ( Ed. Toxosoutos); a mascota Lepi, para a biblioteca do concello de Ames; a revista dixital de humor gráfico "kkrak rebélase o galiñeiro”; debuxos para o cómic da revista Podem (www.podem.cat); viñeta mensual para a revista Tempos Novos e a historia de cómic Juppy que Guay premiada na revista do salón de Historias em Quadrinhos de Sao Paulo.
Moitas grazas pola túa visita Abraham!
Visita de Abraham Carreiro on PhotoPeach