jueves, 17 de marzo de 2016

SEMANA DA PRENSA NA ESCOLA



Do 9 al 13 de marzo celebrouse no colexio a
“Semana da Prensa na Escola”
Unha conmemoración incorporada pola Consellería de Educación ao calendario escolar galego que este ano chega a su 28.ª edición e que  contou dende o seu inicio co respaldo da comunidade educativa .
Como xa sabedes este curso estamos  a traballar as emocións, deste xeito pedimos ás familias que trouxeran noticias relacionadas coas emocións: amor, tristura, ledicia, medo….etc para traballalas na aula e poñer algunhas neste mural.
A semana do 9 ao 13,  cada  neno/a baixou co   seu    mestre ou a súa mestra a poñer algunhas noticias.
Tivemos unha semana chea de emocións!!
Moitas grazas ás familias pola súa colaboración !!

miércoles, 16 de marzo de 2016

OBRADOIRO DE EMOCIÓNS PARA 4º,5º E 6º CURSOS

O xoves, día 11, rematou a primeira parte dos obradoiros de emocións. impartíronse no 4º,5º e 6º cursos.
Os obxectivos foron os mesmos que no resto de obradoiros: Identificar as situacións  que producen  rabia e aprender estratexias de autocontrol e de relaxación.
No mes de abril volverán as psicólogas Enma e Paloma con novas actividades sobre emocións.

martes, 15 de marzo de 2016

OBRADOIRO DE EMOCIÓNS PARA INFANTIL

O xoves, día 10, os nenos e nenas de Infantil tiveron o
" OBRADOIRO DE EMOCIÓNS", impartido por dúas psicólogas: Enma e Paloma, especialistas no tema.
Esta sesión dedicouse sobre todo a traballar a rabia e o autocontrol. Miraron vídeos para distinguir entre o enfado e a rabia, despois pensaron en situacións que lles producía ira. Aprenderon tamén algunha estratexia para  controlar a rabia e, por último, fixeron unha sesión de relaxación.

miércoles, 9 de marzo de 2016

OBRADOIROS DE EMOCIÓNS PARA 1º, 2º e 3º CURSOS

Esta semana( 9-13 marzo) tivemos a primeira parte do
"OBRADOIRO DE EMOCIÓNS",
 que terá lugar non meses de marzo, abril e maio. 
Foi impartido por dúas psicólogas especiaListas no tema, que traballaron a diferencia entre enfado e rabia, o autocontrol e a relaxación.
O luns, día 7, participaron os cursos de 1º, 2º e 3º. 
Aos nenos e nenas encantáronlle as actividades.
Se queredes ver as fotos premede no enlace.
 

sábado, 5 de marzo de 2016

CARIÑOGRAMAS

Como xa vós contamos fai unhas semanas, Gaspar chegou cunha actividade nova: 
"O CARIÑOGRAMA"
Cada aula diseñou o seu cariñograma no corredor, ao carón da súa aula; unhos  en forma de sobres, outros con pratos, con material reciclado, con caixas...etc.  Un trabalLo plástico impresionante!
O martes , día 1 de marzo, cada mestra ou mestre  organizou as parellas secretas para que cada neno/a tivera a súa mensaxe  de amizade, cariño, agradecemento...etc. 
Todos/as leron as súas mensaxes con moita curiosidade e algúns emocionáronse moito coa lectura. Mirade as fotos!!