domingo, 29 de abril de 2018

MERCADILLO DE LIBROS

Aproveitando o noso tradicional mercadillo de libros, fixemos un mercadillo solidario e colaboramos coa asociación BICOS DE PAPEL que axuda aos nenos oncolóxicos do hospital Álvaro cunqueiro e as súas familias.


https://bicosdepapel.org/
Se queres saber máis sobre bicos de papel, preme no logo.

Tiveron que cambiar uns vales solidarios ( 1 euro destinado a esta asociación)  por un libro e un chocolate (un bicolate e un bilibro).



 Se queredes mirar o ben que o pasamos, mira o video.

miércoles, 25 de abril de 2018

APADRIÑAMENTO LECTOR

Chegou o gran día do APADRIÑAMENTO LECTOR. Os padriños e madriñas recollen aos seus afillad@s para lerlles un libro: un conto de dinosaurios, monstros, fadas ou princesas e sumerxerse nun montón de aventuras. É un día moi especial.Ao remate poden degustar unha saborosa e suculenta chuminada de Gaspar, a nosa mascota.


Visita do alumnado do CEE San Rafael

 O alumnado do CEE San Rafael visitounos para representar co sombras chinesas " O MONSTRUO DE CORES".fixéronno fenomenal e os alumnos do Ría de Vigo quedaron encantados. BO TRABALLO chic@s.!!
Para entrar no teatro tivemos que pasar coas entradas diseñadas polo CEE San Rafael.  Mirade que chulas!!
















martes, 24 de abril de 2018

Día do libro

Imos festexar o día do libro. Primeiro visionamos un corto moi divertido  de Juan e Tolola que falaba dos libros.




Tamén elaboramos dous libros enormes donde pegamos un bico de papel e dentro tivemos que escribir o título do noso libro preferido.





domingo, 22 de abril de 2018

Billy Elliot

Dende a aula de inglés trabállase tamén o cine. Neste caso a película elexida foi BILLY  ELLIOT. E dende a aula de plástica o alumnado de primaria fixo un bo traballo.







Visita dos padriños e madriñas aos afillad@s

Como xa está preto o DÍA DO LIBRO, e como ven sendo habitual, os padriños e madriñas visitan aos seus afillad@s para preguntarlles as súas preferencias ou gustos pola lectura. Pasáronno moi ben e foi un momento moi entrañable.

miércoles, 18 de abril de 2018

NOVA CARTA DE GASPAR

Comenza  a preparación do Día do libro. En primeiro lugar temos que volver a rencontrarnos cos nosos afillados e padriños. Despois temos que preparar un marcapáxinas de agasallo para o dia 23 de abril e tamén temos que facer un "bico de papel" co noso conto favorito.
O Ceip Ría de Vigo colabora coa asociación BICOS DE PAPEL,
que axuda aos nenos oncolóxicos do Álvaro Cunqueiro. Por iso o alumnado pode colaborar cun euro e darémoslle un libro e un chocolate.

domingo, 15 de abril de 2018

VISITA DE TERESA GONZÁLEZ

O alumnado de 4º tivo a gran sorte de recibir a visita da escritora TERESA GONZÁLEZ, autora do libro "Fred QUINCALLA"





Despois de contarnos como escribiu o libro, que cousas atopou na Praia do Grove e cales foron os motivos para escribilo, firmounos os libros e deunos unha grande aperta.





domingo, 8 de abril de 2018

CONCURSO DE MARCAPOESÍAS: Gañadores

  Que contentos estamos coa masiva participación neste concurso!

Difícil a elección dos gañadores. Pero...ao final o conseguimos.





HUGO  2º E.P

AIDEN 1º E.P

SARA 4ºA E.P

SARA 5ºEP