O "making of " da festa do Día das Bibliotecas fíxose grazas á colaboración de moitas persoas. Todos e todas aportaron o seu gran de area: familias, alumnado, profesorado, persoal non docente. dende o equipo queremos agradecer a todos a vosa colaboración.
Xa chegou o tempo do SAMAÍN e o alumnado está a facer un montón de cabazas decoradas. Podedes visitar o blogue de galego e comprobaredes a imaxinación dos nosos pequechos. Que medo!!
LIBROS DE MEDO Achegamos unha pequena recompilación de libros de medo que poderedes atopar na BiblioRía
Un ano máis , dende o equipo de biblioteca, e coa colaboración das familias, do Oceanográfico e de todo o persoal docente celebramos o DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES cun montón de talleres. Disfrutamos un montón.
GRAZAS POR TODO!!
Se queredes ver os vídeos e curtametraxes visionados durante a festa , preme nas fotos de abaixo
E xa rematamos este curso dando as grazas a todos e todas. A todos os que colaborasteis á remodelación da biblioteca, aos alumnos axudantes e tamén a todos os usuarios que disfrutan a tope mergullándose nun sinfín de aventuras. Deixámosvos cun video de Cunquiña e Buxaina e coa colaboración dos vecinos que o fixeron con moito cariño. GRAZAS!!
Para clausurar este curso a nosa Biblioteca, visitounos Ángeles Escribano, mestra xa xubilada que continúa disfrutando co mundo dos libros . Falounos de ROAL DAHL,escritor británico coñecido especialmente como autor de narracións infantís e xuvenís. Mirade que ben o pasamos. Moitas grazas, Ángeles!!
O pasado luns 27 de maio celebrouse, un ano mais, a QUEDADA LITERARIA no Parque de Castrelos. Todos disfrutaron dunha xornada de lectura con outros colexios de Vigo.Un momento importante para compartir lecturas !
As familias tamén disfrutaron dunha tarde de festa despois de ver a nova biblioteca. Houbo sorteos e agasallos e tamén uns aperitivos elaborados na cociña do centro. Moitas Grazas a todos e … A disfrutar coa lectura!.
Co gallo da nova biblioteca, os padriños e madriñas acompañados dos seus afillados pasaron un bo rato lendo xuntos no patio. A continuación degustaron unha chocolatada que estaba exquisita.
Os nen@s de 6º foron os encargados de facer a presentación da nova biblioteca. Xa que este ano o tema do Proxecto é "Cociñando Contos", os presentadores estiveron ataviados con atuendos culinarios.
E tamén o "chef" desta marabillosa BiblioRía.
Tamén tivemos a sorte de ter música en directo interpretada polo alumnado de 6º de E.Primaria e tamén de Susa Herrera coa que cantamos varias cancións, acompañada polos profes Iria, Lupe e Juanca.
E chegou o gran día: a inauguración da biblioteca. Unha nova biblio donde, cos esforzos de moita xente, descubriredes un montón de marabillosas historias e aventuras.
Gaspar xa estaba desexando volver cun montón de aventuras e novidades.