jueves, 25 de abril de 2013

APADRIÑAMENTO LECTOR

Por fin chegou o día tan esperado por todos/as:
 O 24 DE ABRIL.
Os padriños e madriñas foron a buscar ás aulas aos seus afillados/as e os levaron ao patio para contarlles os contos que levaban preparando durante un tempo.
O día resultou marabilloso. O tempo acompañou e todos os nenos/as disfrutaron moito da xornada de convivencia e lectura.

martes, 23 de abril de 2013


23 DE ABRIL, DÍA DO LIBRO

Hoxe, 23 de abril, celebramos o día do libro no colexio.
Como ben sabedes, a UNESCO estableceu esta data como " DÍA INTERNACIONAL DO LIBRO E DO DEREITO DE AUTOR", xa que nesa data do ano  1616 finaron Cervantes, Shakespeare e Garcilaso de la Vega, tres grandes figuras da Literatura Universal.
Por este motivo, neste día tan especial, para ir coñecendo a obra deste español universal ao mesmo tempo que o fan milleiros de nenos/as de todo o mundo,  xuntámonos, por grupos, na Biblioteca do colexio para ler o comezo deste libro:

" DON QUIJOTE DE LA MANCHA" , de Cervantes.

Esta vez a lectura fixémola nunha versión que temos en comic na Biblioteca, para relacionalo co proxecto que estamos a desenvolver neste curso.

Tamén escoitamos a lectura do poema titulado " Só un libro",recitado por un grupo de nenos/as de 5º e 6º, que foi un agasallo que a escritora Paula Carballeira fixo ás Bibliotecas escolares de Galicia para o día do libro deste ano.

Os nenos/as levaron como agasallo unha páxina do comic, para lela e coloreala ó seu gusto e unha gominola de Gaspar.
Para os mestres/as tamén houbo agasallos.


sábado, 20 de abril de 2013

CONTACONTOS

      Hoxe, venres día 19, no recreo, disfrutamos na biblioteca do colexio doutra sesión de contacontos, da man de Naiara, Raquel e Iria, de 5º e 6º cursos,
representando o conto " El Pollo Pepe".
 
     Tanto as mestras/es como os nenos/as disfrutamos moito da representación.

PARABÉNS A NAIARA, RAQUEL E IRIA!

miércoles, 17 de abril de 2013


ADEUS A JOSE LUIS SAMPEDRO

 
         José Luis Sampedro Sáez naceu en Barcelona no 1917, foi escritor, humanista e economista .

         En 2010 o Consello de Ministros otorgóulle a Orden de las Artes y las Letras de España, pola súa sobresalinte traxectoria literaria e polo seu pensamento comprometido cos problemas do seu tempo.

         En 2011 concedéuselle o   Premio Nacional das Letras españolas.

         Traballou nun Banco, ademais de dar clases na Universidade. Paralelamente a súa actividade profesional como economista  publicou diversas novelas y trala súa xubilación continuou dedicado a escribir, conseguindo grandes éxitos, con obras como "Octubre, octubre", "La sonrisa etrusca"  o "La  vieja sirena".

 

 
Non vos podedes perder a entrevista,  tan interesante, que lle fixeron a Jose Luis Sampedro no programa "Salvados".


 
Se queredes saber máis sobre a súa vida, premede no enlace:

http://www.escritores.org/index.php/biografias/346-jose-luis-sampedro

CONTACONTOS

      O día 12 de abril,  tres axudantes da BiblioRía de 5º e 6º cursos prepararon no recreo unha actividade de Animación á Lectura, co conto titulado:
                      " Os tres porquiños".
     A actividade resultou do agrado de todos/as os nenos/as  e os mestres/as que acudimos a mirar a representación.

PARABÉNS PARA ALEX, XIÁN E HENOK por facernos pasar un rato tan agradable!

domingo, 14 de abril de 2013

APADRIÑAMENTO LECTOR

Esta semana comezamos a primeira  actividade programada para o mes do libro.

A actividade consiste en ser PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES. Ou sexa, un neno/a maior leerá un conto a unha nena/o  máis pequeno, compartindo así momentos de lectura.

O luns, día 8 de abril, xuntáronse os padriños/ madriñas cos seus correspondentes afillados/ afilladas para coñecerse e falar sobre os seus gustos, aficións..etc;  o que lles permitíu elixir  un conto axeitado a idade e os gustos do seu afillado/a.
A partires do martes os nenos dos distintos cursos acudiron acompañados dos seus afillados/as  a biblioteca para asinar o correspondente
CARNET DE APADRIÑAMENTO LECTOR.
Con este Carnet os padriños/madriñas comprométense  a tratar con respecto oa seu afillado/a, ter paciencia e lerlle o mellor posible. Asemade os afillados/as comprométense a respectar ó padriño/madriña e escoitar con atención o conto.
O martes, día 9, acudiron os nenos de 3º curso cos seus afillados/as, que son  os nenos/as de 3º anos.
O mércores 10, os nenos/as do 4º curso cos nenos/as de 4 anos.
O xoves 11, os nenos/as do 5º curso e os nenos/as de 5 anos.
O venres 12, os nenos/as do 6º curso e os nenos/as de 1º e 2º cursos.

Ademais de asinar o correspondente carnet, escribiron por detrás o título do libro que pensan lerlle o seu afillado/a.

Foi unha actividade moi bonita que contribuíu a desenrolar  as relacións  interpersonais dos slumnos do centro e posibilitou o acercamento entre nenos/as de idades diferentes.

Ahora todos os padriños/madriñas están preparando as súas lecturas, para convertirse nuns verdadeiros PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES, pronto teredes máis novas, de momento podedes disfrutar das fotos.

domingo, 7 de abril de 2013

                      ABRIL: MES DO LIBRO
"EN ABRIL LIBROS MIL"

      Ola amiguiños e amiguiñas! Aquí estamos xa no mes do libro.

      Xa rematou a Pascua, e de seguro que aínda andades a comer a rosca e os ovos de chocolate que vos regalaron os padriños, non sí?
uhmmmm que ricos.

       Dende o equipo de Biblioteca pensamos que vos gustaría ter tamén uns padriños no cole, pero sen agasallar roscas, eh! Escoitade! Imos facervos unha proposta:

       Trátase dun xogo que se chama "PADRIÑOS E MADRIÑAS LECTORES E LECTORAS".

       O xogo consiste en que un neno ou nena dos maiores lle lea un conto a outro neno ou nena máis pequeno. Que vos parece a idea de ser afillados e afilladas lectores?

       Ademais desta actividade temos programadas, durante todo o mes de abril, as actividades seguintes:
 

ACTIVIDADES DE ANIMACIÓN Á LECTURA
DÍA
ACTIVIDADE
 
22
 
APADRIÑAMENTO LECTOR
 
23
 
DÍA DO LIBRO: “ACHEGÁNDONOS AO “QUIJOTE” DENDE O COMIC ”
 
 
 
25
 
PRESENTACIÓN-EXPOSICIÓN SOBRE TINTÍN POR NACHO PÉREZ
 
 
 
26
 
SUSANA LAMELA
EDIT. TAMBRE/EDELVIVES
 
 
 
 
30
 
 
FRANCISCO CASTRO
EDIT. GALAXIA


  Ó longo do mes iremos informando de todas estas actividades.
     Aínda que este é un mes especial, lembrade que:

 O DÍA DO LIBRO PODE SER TODOS OS DÍAS DO ANO.

jueves, 21 de marzo de 2013

DÍA DA POESÍA

" POEMAS DO MUNDO"
Hoxe, mércores, día 21 de marzo, celebramos no colexio o DÍA DA POESÍA. cun recital de poesías, dende Educación Infantil ata 6º curso de primaria.
Neste percorrido que estamos a facer polo mundo con Tintín,  foron coñecendo  e recollendo contos, poemas e cancións que hoxe  recitaron para celebrar este día.
O acto dividiuse en dúas partes:
En Primeiro lugar os máis pequenos do cole: os nenos e nenas de EDUCACIÓN INFANTIL recitaron un  poema africano, da República Democrática do Congo, titulado: “OLELÉ”
En segundo lugar, os nenos e nenas de 2º de Primaria, que andan a facer viaxes pola Lúa con Tintín, recitaron o poema :  “QUISIERA SABER” de  INMACULADA DÍAZ
En terceiro lugar os alumnos e alumnas de 1º de Primaria, que tamén andan pola Lúa cós seus compañeiros de 2º,   recitaron un poema  titulado  “EN UN TROZO DE PAPEL” de ANTONIO GARCÍA TEIJEIRO.
E  para rematar esta primeira parte, os nenos e nenas de 1º e 3º de Primaria recitaron en INGLÉS: “THE SONG OF THE JELLICLES” “OLD POSSUM´S BOOK OF PRACTICAL   CATS” de  T. S. ELIOT.
 Na segunda parte participaron os nenos/as do 2º, 3º ciclo e 1º de Primaria.
En Primeiro lugar os nenos e nenas de 1º e 3º de Primaria recitaron en INGLÉS: “THE SONG OF THE JELLICLES” “OLD POSSUM´S BOOK OF PRACTICAL   CATS” de  T. S. ELIOT.


En segundo lugar, os nenos e nenas de 4º de Primaria, que andan a facer viaxes pola China con Tintín recitáronnos uns poemas titulados:  “DE CHINA A GALICIA”   feitos por eles mesmos, coa axuda da súa titora.
En terceiro lugar os alumnos e alumnas de 5º de Primaria, que  andan viaxando a Sidney, en Australia con Tintín   recitaráronnos un poema  adicado a un animal que vive alí   “LA FAMILIA CANGURO” de INGRID CHOURIO DE MARTINEZ.
Despois os alumnos de 6º de P. , os maiores do colexio,  recitaron para todos nós un poema que recollía as súas investigacións sobre a viaxe de Tintín ao Tibet, titulado: “EL MIEDO EN lHASA”
Para rematar, a coordinadora de Biblioteca entregou  a cada titor un diploma con cinco motivos para ler poesía.
Por último,  as presentadoras e o presentador do acto, deron as grazas, en nome do equipo de Biblioteca, xunto con Gaspar, a todos e todas por participar, unha vez máis, de este xeito tan fermoso neste RECITAL DE POESÍA.


viernes, 15 de marzo de 2013

 
SEMANA DA PRENSA

       Como xa sabedes, Tintín era un gran reporteiro que non dubidaba en emprender unha viaxe a calquera país do mundo na procura das noticias para o seu xornal.

       Na SEMANA DA PRENSA, do 11 ao 15 de marzo, propuxemos aos nenos/as , dende a BiblioRía, que buscaran na casa noticias, en xornais ou revistas, do país do conto de Tintín que están a ler na súa aula e trouxeran os recortes,  co obxectivo de facer un mural na corcheira do porche.

       Ó longo da semana os alumnos/as foron traendo noticias á aula e colocándoas no mural, na silueta do país que están a traballar en cada aula.

       Unha vez máis, agradecer a colaboración das familias, que axudaron aos seus fillos a buscar información en periódicos, revistas en tamén na web.

Premede no enlace se queredes ver as fotos:


miércoles, 13 de marzo de 2013

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2012-2013


    Os encontros do Plan de mellora de Bibliotecas escolares tiveron lugar os días 7 e 8 de marzo no Palacio de Congresos en Santiago.

A coordinadora da Biblioteca do noso colexio só tivo que asistir o día 8 , posto que para os colexios que levaban xa tempo co PLAMBE, como é o noso caso, os encontros estaban programados só para un día. 

Como todos os anos, contamos con ponentes destacados no panorama internacional da Literatura.

Comezaron cunha conferencia titulada " Novos medios, novas alfabetizacións: Estratrexias e prácticas" da man de Xose Manuel Pérez Tornero".

Despois tiveron unhas mesas de experiencias simultáneas. A coordinadora da Biblioteca asistíu  á titulada: " La palabra vinculada" e outras experiencias de lectura compartida; que resultou moi interesante.

Despois dunha pausa para xantar, iniciáronse os encontros por zonas de responsables de Biblioteca , que consistíu nunha reunión de intercambio de experiencias, reflexión e propostas arredor duns eixos comúns básicos.

Foi unha ocasión estupenda para compartir traballos das distintas bibliotecas; que estiveron expostos nos corredores do Palacio de Congresos

O acto rematou cunha charla, moi interesante, do escritor Agustín Fernández Paz, titulada " A construción do lector".

Rematamos cunha cita, escrita no programa dos encontros, de Ramón Salaberría:

" Cando o labor dunha Biblioteca escolar recae  nun equipo motivado, en profesionais que queren renovar e transformar a pedagoxía, entón os resultados son positivos".


Se queredes ter máis información sobre os encontros premede no seguinte enlace: