miércoles, 12 de marzo de 2014

ENCONTROS DO PLAN DE MELLORA DE BIBLIOTECAS ESCOLARES 2013/2014

Os vindeiros 27 e 28 de marzo de 2014, o prrofesorado que coordina os equipos de biblioteca dos centros integrados no Plan de mellora de bibliotecas escolares reunirase en Santiago de Compostela (Palacio de Congresos), no que serán os Encontros do Plan de mellora de bibliotecas escolares 2013/2014.  Os Encontros reúnen a expertos en biblioteca como Inés Miret ou Luis Miguel Cencerrado; investigadores en cultura e tecnoloxía, como Antonio Rodríguez de las Heras; científicos como Jorge Mira. Pero tamén serán plataforma para a difusión de prácticas de excelencia que se están a dar en moitas bibliotecas escolares galegas, que se exporán en mesas de experiencias sobre "ciencias na biblioteca escolar", sobre a lectura ou sobre as aprendizaxe por proxectos. Haberá ocasión, así mesmo, para reunións temáticas, nos que o profesorado entablará coloquio sobre certas temáticas de interese, trala intervención inicial dun dos participantes: "Investigar ou googlear?" ou "Integración das ciencias e as humanidades na Biblioteca escolar, serán algúnas destas temáticas. Habilitarase un espazo para a exposición de materiais elaborados polas bibliotecas dos centros e, coma en ocasións anteriores, un recuncho para o intercambio de libros entre os lectores e as lectoras interesados.  
  Se queredes saber cal é programa destes días premede neste enlace.

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/files/programa_def_14.pdf

MAFALDA CUMPRE 50 ANOS


Mafalda Mafalda

Mafalda, a popular personaxe de Quino, esa nena arxentina de pelo negro e mente inqueda, cumpre este año medio siglo. Aínda que as súas tiras non se publican dende 1973, segue sendo unha figura recoñecida a nivel internacional, con fama en case calquera rincón do planeta.
 Pese a que calquera persoa coa súa idade xa sería considerado un adulto na súa madurez, ela segue conservando o apelativo de nena, xa que así é como se coñece : una chiquilla precoz e preocupada polo devenir da humanidade, cuestionadora do orde establecido mais, no fondo, sempre positiva.

Se queredes máis información premede na páxina web de Quino.
  
http://www.quino.com.ar/


viernes, 7 de marzo de 2014

FALLECE O POETA LEOPOLDO MARÍA PANERO




Leopoldo María Panero Blanc 
 ( madrid  16 de xuño de 1948 - Las Palmas de Gran Canaria 5 de marzo de 2014).
fillo do poeta Leopoldo Panero e irmán do poeta tamén  Juán Luis Panero.
 foi un poeta español, encadrado na poesía española comtemporánea dentro do grupo "Os Novísimos".

 A súa poesía, de alto contenido autobiográfico, comenzou a súa  andadura en 1968, coa publicación do seu primer libro, "Por el camino de Swan". Pouco despois foi incluído na famosa antoloxía de José María Castellet Nueve novísimos poetas españoles, xunto a outros como Vázquez Montalbán o Martínez Sarrión. Pero especialmente recordado será o seu gran poema " La canción de croupier del Mississippi", que resume a súa excéntrica marca persoal.

Tedes máis información sobre a súa vida e obra neste enlace:

 http://es.wikipedia.org/wiki/Leopoldo_Mar%C3%ADa_Panero

viernes, 28 de febrero de 2014

UN ENTROIDO CHEO DE ARTE

Hoxe, venres, día 28 de febreiro, celebramos no colexio o entroido.
Este ano, como xa sabedes o proxecto que se está a desenvolver titúlase " "LENDO CON ARTE".
Deste xeito, cada clase disfrazouse do tema que levan traballando neste curso, relacionado co arte.
Os nenos/as de 3 anos co seu disfraz fixeron unha
 "Noche estrellada " de Van Gogh
Os rapaces/as de 4 anos disfrazáronse de pintores.
Os nenos/as de 5 anos representaron o cadro de 
" Los Girasoles" de van Gogh.
Os nenos/as do 1º e 2º curso foron disfrazados de
 " Las Meninas" e de Velazquez.
Os alumnos/as de 3º e 4º curso fixeron un autorretrato.
Os nenos/as de 5º curso foron de personaxes de cadros de Picasso.
E, por último, os nenos/as de 6º curso cos seus traxes e vestidos parecían saídos dun cadro de Monet.

Despois do desfile cada curso acudíu a súa clase para degustar os doces típicos do entroido, traídos polas familias.
Por último, como é habitual, colocouse o Meco no patio, que neste curso foi un marco baleiro. Reflexionamos moito e, como non atopamos indicios de culpabilidade e temos moitos cadros que enmarcar, pensamos que o imos  ter que indultar; de este xeito, serviranos para ir expoñendo cada semana os cadros que se van realizando nas aulas.
Comezado o entroido no colexio imos continualo na rúa.
Pasádeo moi ben!!

 

martes, 25 de febrero de 2014

DÍA DA ROSALÍA

Onte luns, 24 de febreiro  celebramos, un ano máis, o cumpreanos da nosa poetisa por excelencia: 
ROSALÍA DE CASTRO.
Hai moitas cousas na nosa terra  que inspiraron a Rosalía para escribir os seus poemas. Así como os pintores pintan con pinceis e cores , os poetas e as poetisas pintan con lapis e palabras fermosas.
Rosalía foi a inspiración para moitos pintores que lle fixeron retratos.
Na corcheira da BiblioRía podedes admirar unha pequena mostra destes retratos nun mural que preparamos o equipo de BiblioRía con imaxes tomadas do Faro de Vigo..
Deste xeito Rosalía pasa a formar parte do noso proxecto deste ano " Lendo con Arte".
Para facerlle unha homenaxe, propuxemos ás distintas aulas  que preparasen un poemiña  para recitalo este día. Estes poemas foron seleccionamos do libro " ROSALÍA PEQUENIÑA", da editorial Galaxia.
Empezaron os nenos/as de E. Infantil co poema " Has de centar", para continuar co poema " Como chove miudiño" recitado polo 1º e 2º ciclo de E. primaria. Os nenos/as de 3º e 4º prepraraon o poema " Alborada" e , por último,  participaron os nenos/as de 5º e 6º co poema " Miña  santiña , miña santasa.


ROSAS PARA ROSALÍA
Para representar o poema cada curso escribíu unha estrofa do seu poema nos pétalos dunha rosa que cada quen ofreceu a Rosalía.
Ademais contamos coa visita, para os alumnos de 2º e 3º ciclos, do escritor Pedro Feijoo, antiguo alumno deste centro e tío de Nayra, alumna de terceiro curso.
 Pedro  está investigando sobre a vida de Rosalía e a súa obra: de este xeito, presentounos unha imaxe distinta de Rosalía da que todos coñecemos; ademais de ser unha persoa  triste e chea de morriña, era unha persoa alegre , firme, vengativa e misteriosa.
Asemade algúns nenos saíron  voluntariamente a ler  uns poemas de Rosalía que presentaban esa imaxe distinta da que nos estaba a falar Pedro.
Moitas grazas Pedro pola túa visita!

CUMPREANOS DE ROSALÍA on PhotoPeach

viernes, 14 de febrero de 2014

Bosque de fantasías

 Nos comentarios recibidos no mes de xaneiro no blog de educación infantil, puidemos descobrir a unha parella madrileña, que nos permitiu coñecer un novo proxecto sobre contos e poemas infantís.

O espazo chámase 
e teñen contidos exclusivos e inéditos, escritos por eles mesmos.
http://www.bosquedefantasias.com/
Todos estes recursos os comparten con diferentes centros educativos para fomentar a lectura infantil, así que aquí compartimos a ligazón á súa web para que vos mesmos poidades descobrir os seus traballos.

viernes, 7 de febrero de 2014

Entrevista "Aulas creativas"

Hoxe, compartimos con todos os nosos usuarios e usuarias unha entrevista que concederon as mestras de educación infantil da escola a Aulas creativas.
No mes de xaneiro, recibiron no seu blog un agarimoso comentario de David Maynar, ilustrador infantil e "tintinólogo" (www.davidmaynar.com) Coordina o aula virtual "Viñetas creativas" (de clara inspiración tintinóloga) da rede de educación "Aulas creativas", que conta, nestes momentos, con máis de 25.000 seguidores.
Descubriu o noso traballo a través da adpatación do conto "Tintín en el Congo", que fixeron o curso pasado e adaptaron para o alumnado de educación infantil.
Se queredes lembrar esta actividade, podedes premer na seguinte ligazón:

Para acceder á entrevista e ao resto da información preme na seguinte ligazón:
http://www.educacioninfantilriadevigo.blogspot.com.es/2014/02/entrevista-en-aulas-creativas.html

jueves, 6 de febrero de 2014

CÓNTAME UN CADRO

Dentro do proxecto " Lendo con arte" promovemos a participación das familias coa actividade " CÓNTAME UN CADRO". A actividade consiste en seleccionar unha serie de láminas de obras de arte, que enviamos ás casas  para que entre toda a familia podan imaxinar unha historia real ou fantástica,que teña por escenario ese cadro e que o desenvolvan en forma de conto nunha ficha enmarcada que lle enviamos para tal fin.
Esta semana botaron a andar 5 láminas en cada aula  para as familias e, como podedes comprobar nas fotos, os resultados son moi bós.

Seguiremos manténdovos informados!!
Gracias pola vosa colaboración!!!



viernes, 31 de enero de 2014

DÍA DA ILUSTRACIÓN


https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEi2eUqXVzfkabgQjMeURBKeiqM30DRnPCCxOa9EMDqspsIP_kgyn38hDEM42uOuHmgoGtK_VOv6Wa3cDHwLZPQHc5FX2_wtE9gTHv2y_2dNS3iROUgwWYV3JJfe7mpYH9XCyU1D3CzkEDmS/s1600/dia_da_ilustracion_14.jpg
A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria incluíu por primeira vez, no calendario da lectura de 2014, a celebración do Día da Ilustración en Galicia,O 30 de xaneiro, coincidindo coa data de nacemento de Castelao, e celebrando así unha das facetas desta importante figura da historia e da cultura galega. E a estrea é de luxo pois vén acompañada dun cartel deseñado por Miguel Anxo Prado, un dos máximos representantes do mundo da ilustración galega. Este cartel serve para publicitar unha programación específica sobre o mundo da ilustración nas bibliotecas escolares de Galicia (A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela, Vigo) así como a Biblioteca de Galicia, na Cidade da Cultura de Compostela.

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, explicou  que esta celebración nace coa vocación de "permanencia" para que nos próximos anos o día 30 de enero  se promocione "A importancia que ten este sector". "A ilustración debe ter un espazo singular dentro de ese calendario de actividades vinculadas co libro e a lectura e a mensaxe que queremos transmitir é que o 30 de enero debe ser un día no cal  se configuren diferentes tipos de programación para poñerlle valor a ilustración", engadíu.



jueves, 23 de enero de 2014

25 ANIVERSARIO DA MORTE DO PINTOR SALVADOR DALÍ

 Imagen del artista Salvador Dalí 
Hoxe conmemóranse os 25 anos da morte do pintor SALVADOR DALÍ.
Salvador Felipe Jacinto Dalí i Domènech, (Figueras 11 de maio de 1904 - 23 de xaneiro de 1989), foi un pintor, escultor, grabador, escenógrafo e escritor español, considerado un dos máximos representantes do surrealismo.
Dalí é coñecido polas súas impactantes e oníricas imaxes surrealistas. As súas habilidades pictóricas atribuénselle á influenza e admiración polo arte renacentista. Tamén foi un experto debuxante. Os recursos plásticos dalinianos tamén abordaron o cine, a escultura e a fotografía.
 Tivo a habilidade de forxar un estilo marcadamente persoal e recoñecible, que en realidade era moi ecléctico. Unha das súas obras máis célebres é "La persistencia de la memoria" ,e  o famoso cadro dos «relojes blandos», realizado en 1931.
Como artista extremadamente imaxinativo, manifestou unha notable tendencia ó narcisismo e a megalomanía para  atraer a atención pública. Esta conduta irritaba a quenes apreciaban o seu arte e xustificaba ós seus críticos, que rexeitaban as súas condutas excéntricas como un reclamo publicitario  máis chamativo que a súa produción artística.
" Lo importante es que hablen de tí, aunque sea bien", era unha das frases do pintor.
Se queredes saber máis sobre o pintor, aquí tedes un documental e  unha entrevista.