lunes, 20 de abril de 2015

VISITA DO ESCRITOR PEPE MAESTRO

 O venres, día 17 de abril, visitou a BiblioRía o escritor PEPE MAESTRO, por cortesía da editorial Edelvives, para falar aos nenos/as de 1º e 2º cursos do libro que están a ler, titulado "CHISMORREO".
Jose Luis Maestro sarrión naceu en Cádiz e despois de licenciarse en Filoloxía Hispánica, fixo varios cursos de especialización en Literatura infantil e Xuvenil.
Como escritor publicou obras como " El circo de Baltasar", " Una pluma de cuervo blanco"....
A súa pasión polo teatro levoulle a fundar a compañía de títeres Cataplof, representando obras en numerosas plazas e teatros. 
Como docente impartíu numerosos cursos, obradoiros e conferencias relacionadas co fomento da lectura e o valor dos contos.
Contoulles moitas historias e os nenos/as estiveron moi atentos e entretidos.
 Foi unha sesión moi divertida!!!
Asinou todos os libros e tamén asinou no Libro de Bitácora da biblioteca.
Por último, agasallamoslle co noso chavero da BiblioRía.

viernes, 17 de abril de 2015

VISITA DOS PADRIÑOS E MADRIÑAS AOS AFILLADOS E AFILLADAS

 O venres, día 10, os padriños e as madriñas foron visitar aos seus  afillados e  afilladas.
Os nenos/as de 3 anos coñeceron aos seus padriños e madriñas.
Foi unha xornada moi especial!!
Agora os padriños e madriñas terán toda esta semana para elexir o libro que van ler o día 23  aos seus afillados e afilladas.
Non vos perdades as fotos!

martes, 24 de marzo de 2015

DÍA DA POESÍA

Como o día da poesía foi o 21 de marzo, sábado, no colexio celebrámolo o luns  día 23.
Distribuímos a todos os nenos/as en dous grupos: Por unha banda actuaron os nenos/as de Infantil, 1º e 2º cursos e, por outra banda, os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º.
A maioría das poesías estiveron relacionadas co proxecto que estamos a traballar durante todo o curso: " lendo coa arte que nos rodea".
Comezamos presentando o festival cunha lectura de cinco motivos polos cales podemos ler poesía.
A continuación empezamos co recital.
Os nenos/as de Infantil de 3 anos recitaron a poesía titulada " Hace miles de años". Os nenos/as de 4 anos :" Soy en hombre Cromañón" e os maiores de Infantil : "Aquí nos quedamos".
Despois pasaron a recitar os nenos/as do 1º curso as poesías: " Os castros Saians" e " Castros do meu corazón".
Por último, os alumnos de 2º recitaron tres poemas: " La invasión romana", "Os romanos" e " Romanos na Ría de Vigo".
A segunda parte do recital protagonizárona no primeiro lugar os nenos/as de 3º curso coa poesía: "Romance das tres princesas".
 En segundo lugar recitaron os nenos/as de 4º curso a poesía titulada
 " O hórreo". Despois os alumnos/as de 5º curso recitaron  " Poesías de Vigo". 
Por último, os maiores do colexio recitaron  unha serie de poesías de tres das esculturas de Vigo feitas por eles en plastilina, que nos mostraron a todos/as.
Para rematar agasallamos aos nenos/as e mestres/as co marcapáxinas da foto , feito polo equipo de Biblioteca, no que por un lado aparece a escultura que temos en Vigo dedicada aos poetas e trovadores que escribiron en galego "A fada e o dragón", situada no paseo de Alfonso XII, e por outro lado,  unha poesía de Martín Codax que fala de Vigo, titulada " Ondas do mar de Vigo".
Como, por falta de tempo, non puideron recitar todas as poesías que tiñan preparadas, propuxémoslles aos nenos/as facer dende a biblioteca unha recopilación de todas a poesías, encuadernalas e poñelas no andel 
" Feito por nós", para que todos/as podamos ler en calquera momento estas preciosas poesías.
O recital rematou  aplaudindo e dando as grazas dende a Biblioteca aos nenos/as e mestres/as pola participación neste precioso acto.
Como sempre, aquí tedes a reportaxe gráfica

jueves, 19 de marzo de 2015

VISITA Ó CASTRO DE VIGO DOS NENOS/AS DE 5º ANOS E 1º CURSO

O día  18 de marzo os nenos/as de 5 anos e de 1º de Primaria visitaron
 "O CASTRO DE VIGO".
Como xa sabedes, no proxecto que estamos a desenvolver neste curso, os nenos/as de infantil e 1º curso de Primaria  están a traballar a prehistoria e a cultura castrexa; deste xeito con esta visita, axudados pola  arqueóloga encargada dos castros, puideron ver cómo vivían nesa época e aprender cousas novas.
Os nenos/as portáronse moi ben e fixeron moitas preguntas, polo que aprenderon moito!
 Aquí tedes as fotos!

viernes, 13 de marzo de 2015

SEMANA DA PRENSA E DA MULLER TRABALLADORA

 














Esta semana celebramos no colexio 
" A SEMANA DA PRENSA E DA MULLER TRABALLADORA".
Para celebrar a Semana da prensa, cada neno/a trouxo unha nova sobre o tema que estamos a traballar neste curso. Houbo novas de escultura, arquitectura, restos arqueolóxicos.... e de todas as etapas históricas. Despois de traballalas na aula, foron baixando ao porche e pegando algunhas no mural da prensa.

Quedou precioso e os alumnos/as aprenderon moitas cousas, que era do que se trataba.

















Con motivo do DÍA DA MULLER TRABALLADORA, os nenos/as maiores investigaron sobre as mulleres na escultura e arquitectura e atoparon moitas cousas interesantes. Descubriron tamén que en Vigo temos unha esculura dedicada a muller traballadora. 
Dende a Biblioteca temos que agradecer a colaboración dos pais nesta e en todas as tarefas que propoñemos dende a BiblioRía.
Aquí tedes as fotos das dúas actividades

martes, 3 de marzo de 2015

VISITA DE FINA CASALDERREY

O día 2 de marzo visitounos a gran escritora Fina Casalderrey, por cortesía da editorial Xerais.
Os nenos e neas de 5º e 6º cursos están a ler dous dos seus libros:  " O misterio do faro vello" e "A historia da bicicleta dun home lagarto".
Contounos moitas cousas interesantes e fixo participar e divertirse moito aos nenos/as coa facilidade que lle caracteriza para achegarse a eles.
Asinou todos os libros dos nenos/as e tamén asinou no libro do colexio.  Por ultimo, agasallámoslle co chavero da Biblioría.
Moitas grazas Fina!!
Aquí tedes algúns datos da súa vida persoal e profesional e abaixo a reportaxe gráfica correspondente.
Nada en Xeve (Pontevedra) o 11 de agosto de 1951, é unha escritora, profesora de educación secundaria, etnógrafa vocacional, gastrónoma, conferenciante e periodista galega.

Exerceu como mestra dende os dezanove anos, xubilouse no 2010 como profesora de ensino secundario. Foi no ensino onde comezou a crear e dirixir pezas teatrais representadas polo seu alumnado, algunhas recollidas en Edicións Xerais.
ha das súas inquedanzas é a investigación etnográfica, onde gañou concursos diversos premios co seu alumnado. Outra inquietude é a gastronomía, e así publicou, xunto con Mariano García, O libro da empanada, Festas gastronómicas de Galicia e Repostería en Galicia.

Colabora na prensa, revistas, congresos, xurados, pregóns, charlas-coloquio, mesas redondas... sobre literatura, gastronomía, entre outros temas.

En 1991 deuse a coñecer no mundo das publicacións coa novela xuvenil Mutacións xenéticas. No ano 1996 foille concedido o Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil coa novela O misterio dos fillos de Lúa. A maior parte da súa obra está traducida ás linguas peninsulares, isto é, ao catalán, éuscaro, asturiano, aragonés, castelán e portugués.

En 2013 foi elixida membro da Real Academia Galega, ocupando a vacante deixada por Xaime Illa Couto.

martes, 24 de febrero de 2015

DÍA DE ROSALÍA

Como todos os anos, celebramos o aniversario do nacemento da poetisa galega   ROSALÍA DE CASTRO en 1837 en Compostela. Como xa sabedes é unha das mirantes escritoras en Lingua galega.
Na actualidade a figura de Rosalía e as súas creacións continúan recibindo unha constante atención crítica, tanto no territorio español como no extranxeiro.
Aínda que cultivou a prosa, destacou no campo da poesía, coas súas tres novelas claves: " Cantares galegos", Follas novas" e " Nas orillas del sar".
Que mellor xeito de celebrar este día que recitando a súas poesías!!
Cada curso preparou unha poesía e recitouna para os demais.
Asemade, como este ano estamos a traballar a Arte que nos rodea, investigamos tamén as  esculturas de Rosalía en Vigo e atopamos moitas que recopilamos nun pequeno mural, situado nas paredes da biblioteca.
Como agasallo os nenos e nenas leváronse un marcapáxinas coa escultura de Rosalía de Castro por un lado e un dos seus poemas máis recitados " Adios ríos, Adios fontes..."por outro.
Se queredes ver as fotos deste día tan especial premede no enlace: 

viernes, 13 de febrero de 2015

ENTROIDO CHEO DE ARTE

 Como xa sabedes este curso estamos a traballar coa Arte que nos Rodea; deste xeito tivemos un Meco moi especial, unha reprodución da estatua do Sireno.
E, despois de toda a semana, seguindo as ordes do Meco, chegou o esperado entroido. 
Cada curso disfrazouse da parte do proxecto que lle correspondía. Os nenos/as de

Infantil disfrazáronse de Prehistóricos e contáronnos un pouco como vivían nesa época. 
Os nenos do 1º curso da Idade dos Metais e a cultura castrexa.
Os nenos/as de 2º curso de romanos e representaron unha batalla.
 Os de 3º da época Medieval e bailaron unha danza. 
Os de 4º da época Moderna e contáronnos as tres pasaxes máis importantes da Idade Moderna : A toma de Granada, a Arribada, os piratas e a Reconquista.
Os de 5º, que están a traballar a escultura e arquitectura dos séculos XIX e XX, disfrazáronse  de constructores; albaneis, arquitectos....etc montaron varios puzzles de  edificios da nosa cidade e, por último, os maiores do colexio foron disfrazados de turistas visitando as esculturas da nosa cidade e facendo fotos.
Despois dos desfiles  os nenos/as de 6º curso leron o manifesto e decidiron indultar ó Meco.
Unha vez rematada a festa, non podía faltar a degustación de todos os doces típicos destas datas que os nenos/as trouxeron da casa.
Como sempre, temos que dar as gracias a ANPA pola axuda prestada na festa e na merenda.
Foi unha festa estupenda e agotadora!! Agora temos uns días para descansar!
Ata pronto!! 
Se queredes algunhas fotos, premede no enlace. Tedes máis fotos na Páxina web do colexio e no blogue da ANPA.

miércoles, 11 de febrero de 2015

VISITA DO ESCULTOR JOSÉ MOLARES



Como este curso estamos a traballar “A arte que nos rodea”: Escultura e Arquitectura, que mellor que un escultor para aprender máis sobre este mundo tan interesante!
Deste xeito, hoxe día 11 de febreiro, tivemos o privilexio de contar coa visita dun escultor moi coñecido en Vigo : JOSE MOLARES, autor de obras como
 " A escultura de Julio verne" e  " O paseo dos peixes" de Bouzas
A visita estaba prevista para os nenos/as de 3º, 4º, 5º e 6º cursos, mais ó final non tiña tempo suficiente e tivemos que priorizar aos nenos/as de 5º e 6º porque estaba máis relacionada coa parte do proxecto que están a traballar.
Durante toda a visita centrouse na obra  de Julio Verne, que está no Naútico.
Explicounos todo o proceso : primeiro fixo uns bocetos, despois creou unha estrutura metálica, máis tarde tapouna con barro; despois aplicoulle xeso para facer o molde. Unha vez que tiña o molde levouna á fundición e co proceso da "cera perdida"  fundiuse por partes que despois soldáronse.
Por ultimo, pulíronlla cun chorro de auga con area e déronlle unha pátina para que collera ese aspecto verdoso.
Contounos moitas cousas máis, entre elas que é moi importante para él que as súas esculturas se poidan tocar  e que o máis difícil de esculpir son as mans.
Os nenos e nenas fixéronlle moitas preguntas e estiveron moi atentos.
 Por último, repartíu a cada neno/a, como agasallo, unha foto da escultura o día da súa inauguración.
Tamén, firmoulle aos nenos/as fotos que fixeron xunto a escultura na saída artística que fixeron por Vigo a semana pasada.
Para rematar, asinou no caderno de Bitácora da Biblioría e agasallámoslle cun chavero artesanal, feito polo equipo de Biblioteca.
 MOITAS GRAZAS JOSÉ!!
 e moitas grazas tamén a nosa compañeira Ana Maquieira, que fixo posible esta visita.
                                    Esperamos que volvas pronto!

Aquí tedes a reportaxe gráfica:

martes, 10 de febrero de 2015

Contacontos "Son San"_Raquel Queizás

Na escola, os nenos e nenas de educación infantil, puidemos desfrutar dunha sesión de contacontos con Raquel Queizás. O título de conto foi 
"SON SAN"
e grazas á súa ambientación (elaborada con materiais de refugallo) e á marabillosa posta en escena, e interpretación de Raqueñ, pasamos unha sesión super divertida e moi saborosa, xa que a través da historia, o alumnado puido coñecer a importancia dos hábitos saudables, así como de comer froita de forma rutinaria.
Aquí vos deixamos coas imaxes da sesión que agardamos vos gusten.
Grazas Raquel!!!