domingo, 29 de enero de 2017
lunes, 23 de enero de 2017
XVII EDICIÓN DOS PREMIO MURALLA DE LUGO DE DEBUXO E REDACCIÓN INFANTÍS
Este
mes Gaspar visitou a cidade de Lugo para ver a súa muralla, que é a
irmá pequena da marabilla que estamos a traballar este mes " A MURALLA
CHINA". Percorrendo a cidade mirou anunciada a XVIII Edición dos premio
Muralla de Lugo de Debuxo e redacción infantís e, de seguido, mandou unha
carta ás aulas para animar aos nenos e nenas a que participen. Ánimo!!
miércoles, 18 de enero de 2017
CAILLOU
Temos que investigar tamén a comida típica chinesa. A súa gastronomía ofrécenos suculentos pratos .
Caillou quere comer tamén a comida chinesa. Mirade como o fai.
INVENTOS CHINOS
Aos chinos debémoslles un montón de inventos.
Se queredes, podedes coñecer os 10 inventos mais interesantes. Mirade
MAIS COUSAS SOBRE CHINA
Queredes saber mais cousas sobre CHINA? A danza do Dragón, o ano novo chino, o zodíaco chino...
Pois visitade esta páxina e aprenderemos un montón
Pois visitade esta páxina e aprenderemos un montón
NO 4º CURSO ESTÁN TRABALLANDO MOITO A MURALLA CHINA
Os nenos e nenas de 4º curso estiveron vendo fotos preciosas de China. Apreciaron a muralla, as vistas dende ela, os cultivos... Ademais puideron apreciar o contraste entre entidades de poboación ricas e pobres, entre a montaña e o mar, o frío das montañas e o deserto. Qué vista nos ofrece a muralla!
Tamén unha amiga da profe fai pouco visitou China. Gustoulle moito o Palacio imperial, participou empurrando os carriños que transportan á xente, pero sobre todo a muralla.
Sara Sanromán falounos das Marabillas do mundo a través das viaxes do seu avó.
Grazas a intervención de Iam e Roque soubemos sobre a exposición dos guerreiros de terracota ademais de todo o que nos mostraron da muralla.
Aquí tedes as fotos e o vídeo de Sara contando cousas das viaxes do seu avó.
martes, 17 de enero de 2017
CARTAS QUE ESTÁN A TRABALLAR NO 2º CURSO
No 2º curso están a traballar unhas cartas sobre as marabillas do mundo que trouxo un alumno. Cada carta ten unha serie de preguntas e respostas que irán resolvendo. Qué marabilla!!
Mirade as fotos!!
OS NENOS E NENAS DE 4º CURSO COMPLETARON O PUZZLE MAPA MUNDI
Os nenos e nenas de 4º curso completaron o puzzle do mapa mundi que mercamos este curso para ver todos os países que imos traballar.
jueves, 12 de enero de 2017
miércoles, 11 de enero de 2017
NOVA CARTA DE GASPAR
Xa temos carta de Gaspar. Coma sempre é moi puntual.
Fala da seguinte MARABILLA que temos que investigar.
Cal será?
Deixovos unha adiviña. PENSADE
Alta e dura
protexo aos meus sen mesura
calza cómodo
pois miles de kilómetros espérante no fondo.
Estou tranquila e serena
porque senón podes visitarme,
de seguro poderás acudir a Lugo,
onde está a miña irmá pequena.
Quen é?........Pensade, pensade... de que marabilla estamos a falar. En que país está?
Fala da seguinte MARABILLA que temos que investigar.
Cal será?
Deixovos unha adiviña. PENSADE
Alta e dura
protexo aos meus sen mesura
calza cómodo
pois miles de kilómetros espérante no fondo.
Estou tranquila e serena
porque senón podes visitarme,
de seguro poderás acudir a Lugo,
onde está a miña irmá pequena.
Quen é?........Pensade, pensade... de que marabilla estamos a falar. En que país está?
Suscribirse a:
Entradas (Atom)











