Hoxe , 24 de febreiro, celébrase o día de Rosalía de Castro. No noso cole, tamén. Cúmplese o 179 aniversario do seu nacemento. Por iso decidimos festexar primeiro cun fermoso poema
viernes, 24 de febrero de 2017
martes, 21 de febrero de 2017
EXPOSICIÓN DAS MARABILLAS NO PORCHE DO COLEXIO
No porche do colexio habilitouse un espazo para facer unha exposición de todas as marabillas que os nenos e nenas foran facendo ao longo do curso.
Esta semana temos tamén un guerreiro de Terracota que é o meco deste entroido e vai dando as ordes de toda a semana:
O luns se queres ir ao colliseo, debes traer un pareo.
O martes para pasear na muralla, trae un xersei de moita talla.
O mércores trae un chal, se queres ir o Taj Mahal.
O xoves , o último día,unha rosa por Rosalía.
O xoves , o último día,unha rosa por Rosalía.
Estamos en Febreiro e xa está chea de marabillas!
Menudo traballo!! Mirade!
martes, 14 de febrero de 2017
SAIDA GUERREIROS TERRACOTA
Se queredes ampliar información sobre os GUERREIROS DE TERRACOTA preme na seguinte foto e poderás ver o video no blogue de primaria.
martes, 7 de febrero de 2017
TAJ MAHAL
E continuamos con esta marabilla arquitectónica,
O TAJ MAHAL. Se queredes saber mais, preme na imaxe
O TAJ MAHAL. Se queredes saber mais, preme na imaxe
NOVA CARTA DE GASPAR
viernes, 3 de febrero de 2017
VISITA DA ESCRITORA ANA ALCOLEA
O día 2 de febreiro visitounos ANA ALCOLEA, escritora do libro que estiveron lendo os nenos e nenas de 2º curso titulado " EL ABRAZO DEL ÁRBOL".
Ana contoulles moitas cousas da súa actividade como escritora, mais a súa visita centrouse nas preguntas dos nenos e nenas sobre o libro. Participaron moitísimo facendo reflexións que deixaron abraiada a escritora.
Gustoulles moito o libro e isto notouse en toda a actividade!
Moitas grazas Ana pola túa visita. Disfrutamos moito!
Se queredes ver as fotos, premede no enlace de abaixo!
jueves, 2 de febrero de 2017
A PAZ, MARABILLA UNIVERSAL
O día 30 de xaneiro, celebramos no colexio o DÍA DA PAZ.
Na corcheira do porche as marabillas enchéronse de letras anunciando a paz no idioma que se fala nos países das distintas marabillas e co lema " A paz , marabilla universal"
Mirade as fotos!
lunes, 30 de enero de 2017
VISITA TERRACOTA WARRIORS
Debido a que no mes de xaneiro estivemos a traballar a marabilla
" A MURALLA CHINA", organizamos unha visita á exposición do conxunto escultórico dos guerreros de Xi´an.
Unha parte do colexio foi o luns, día 30 de xaneiro e outra parte acudirá o día 15 de febreiro.
Dividíronnos en grupos e cunha guía fomos percorrendo a exposición e escoitando as cousas tan interesantes que nos contaban sobre estos guerreiros e sobre a cultura china.
Fixéronnos unha foto a cada grupo, incluída nunha páxina do xornal.
Foi unha visita moi interesante e educativa.
Mirade as fotos!
domingo, 29 de enero de 2017
MAGO DE OZ
A visita que fixemos foi á SALA ARTIKA , en Beiramar, para ver o musical "Mago de Oz". Conta a historia de Dorothy, unha nena orfa que vive en Kansas cos seus tíos.Un bo día,tras un tornado, foi arrastrada ao país de OZ. Alí coñece un espantallo, un leñador de folladelata, un león covarde, as bruxas malas do leste e do oeste,e as bruxas boas do norte e do sur.
Se queredes coñecer Dorothy, deixovos un enlace de debuxos animados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)










