viernes, 5 de noviembre de 2021
domingo, 31 de octubre de 2021
lunes, 25 de octubre de 2021
Ademais o lema das bibliotecas escolares de Galicia A BIBLIOTECA ESCOLAR TEN A PALABRA , quere poñer o foco na palabra e na oralidade.
Nós celebrámolo hoxe no cole e INAUGURAMOS A BIBLIOTECA DO CENTRO co tema:
UNHA VIAXE EXTRAORDINARIA
Queremos REALIZAR ESTA VIAXE co autor XULIO VERNE e a súa extensa obra, podedes ver un pequeno "entrante" da xornada neste vídeo:
lunes, 21 de junio de 2021
viernes, 4 de junio de 2021
DE RUTA POLO CAMIÑO
O alumnado de terceiro de primaria aproveitando o PDI "Sentidiño no Camiño", fixeron unha saída que partiu do merendeiro de Saians ata o alto da bandeira, onde puideron ver uns Muíños naviculares que se conservan intactos. Dende aí baixaron ata os Muíños de Saians, onde merendaron e repuxeron forzas. A partir de aquí colleron un tramo do camiño de Santiago ata o Castro de Medoña, pasaron pola fonte dos Peregrinos ata chegar aos Muíños de Gontade, no bosque bautizado como "Bosque das Leiras do Ría" onde os compañeiros de sexto deixaron poemas de Xela Arias e regresaron camiñando ata o cole.
Foi un día espectacular!!
Aquí vos deixamos unha fermosas imaxes dos lugares polos que pasaron.
lunes, 31 de mayo de 2021
PODCAST XELA - LETRAS GALEGAS 2021
O mes pasado participamos nun concurso de podcast sobre Xela Arias para o Día das Letras Galegas 2021, que a pesares de non haber gañado, compartimos con ilusión con toda a comunidade educativa, xa que os cativos se esforzaron moito para facelo posible e nos parece moi interesante. Esperamos que vos guste!
No primeiro participaron nenos/as de 5º de educación infantil co seu particular dígocho eu, con "x" de Xela e de 2º de primaria que recitaron unha pequena bibliografía sobre a vida e obra de Xela Arias.
No segundo nenos/as de 3º elaboraron un rap para Xela, os de 4º compartiron unha carta que escribiu o pai de Xela cando ela tiña 6 anos, reivindicando a liberdade do uso do galego dos máis cativos, os de 5º fixeron un pequeno traballo sobre a obra de Xela e os de 6º de primaria recitaron unha poesía da autora e exerceron de presentadores do podcast.
jueves, 13 de mayo de 2021
CHEA DE VIDA
Ao longo do curso o alumnado do colexio tivo a oportunidade de contar cunha sesión especial á semana de lingua de signos, da man de Miriam, a nosa mestra, grazas a ela tivemos un achegamento inicial a LSE e coñecemos as bases da comunicación signada.
Aquí vos deixamos unha canción signada por dúas nenas do colexio que compartiron con nós para a semana das letras galegas.
Queremos agradecer a ANPA do colexio por ofrecernos esta oportunidade!











