miércoles, 20 de noviembre de 2013

OS NOVOS AXUDANTES DA BIBLIORÍA

No colexio contamos, como noutros cursos, cuns axudantes para as tarefas da BiblioRía.
Son os nenos/ e nenas voluntarios de 6º curso que xunto cunha mestra,   durante os recreos, fan tarefas moi importantes para o funcionamento da nosa Biblioteca, como por exemplo:

-Axudar aos pequenos a atopar un libro que  les guste.

-Manter os andeis ordenados e colocar os libros onde corresponda.
- Axudar a coñecer as distintas zonas da nosa Biblioteca.
- Axudar a que os  nenos/as  respecten as normas.
De todos los xeitos,  sempre saben que si xorde algún problema que non podan resolver poden acudir ás mestras encargadas. 
Gracias pola colaboración!!

jueves, 14 de noviembre de 2013

OS CORREDORES ÉNCHENSE DE ARTE

 Os corredores seguen enchéndose  de arte.
Ampliamos a nosa colección cunhas obras de arte impresionantes,  que tivo a ben  prestarnos un padre dun alumno do noso colexio, que é profesor no IES "Val do Tea". 
 Moitas grazas Carlos!
 Mirade  que museo temos no colexio! e seguiremos ampliándoo......estade moi  atentos!
O

martes, 12 de noviembre de 2013

A MALETA DE GASPAR CHEGA ÁS AULAS


QUERIDOS AMIGUIÑOS E AMIGUIÑAS:

Estou seguro de que neste intre xa fostes quen de descubrir onde fun parar cando me perdín por aquel labirinto de canales. Pois sí, aquela casa tan grande chea de cadros pendurados das paredes era un MUSEO.
Tamén estou seguro de que xa sabedes en que cidade me atopaba, jaja. Que listos sodes!


Que cadros tan fermosos hai nos museos! Aínda que todos son tan diferentes . . . uns cheos de cores, outros escuros, uns cheos de persoas e outros de flores, tamén os hai con figuras xeométricas, raias, . . . uf, que variedade!
Por que será iso?
E a vos, cal vos gustaría máis?
En canto cheguei á BiblioRía púxenme a revisar os andeis, e no do número 7, no que os libros teñen a etiqueta de cor ROSA, descubrín unha chea de libros que teñen fotos de cadros que vin naquel lugar e outros moitos que non estaban alí. Tamén encontrei libros que falan de persoas que fan eses cadros. Foi todo un descubrimento, e sen saír da biblioteca!
Tamén prendín o ordenador, conecteime a internet e preguntei ao señor Google. Uf, aí si que atopei cousas tamén!
Estou fascinado con este achado! Por iso pensei compartilo con vos. Estou seguro de que tamén vos gustará mergullarvos neste MUNDO DA ARTE tan cheo de cores.
Estades dispostos para unha nova aventura?
Pois non se fale máis e mans á obra!
Para comezar, non vos gustaría visitar un MUSEO ou unha EXPOSICIÓN de pintura?
Pois non vos preocupedes, que xa me encarguei eu de concertarvos unha visita a unha EXPOSICIÓN DE PINTURA,  para que vexades que tamén hai cousas marabillosas tan pretiño de nos.

Por outra banda, vos propoño que miredes ben o contido da maleta. Aí hai un libro que seleccionei especialmente para vos,que resultará moi interesante para coñecer máis a fondo o cadro e o seu autor.
Estou seguro que entre todos seremos quen de converter este cole nun verdadeiro museo!!


CONVERTEMOS A ESCOLA NUN MUSEO

Nestes días estamos levando a cabo o encargo de Gaspar.
Os corredores xa se van enchendo de arte, como podedes ver nas seguintes fotos.

jueves, 7 de noviembre de 2013

PREMIO NACIONAL DE CÓMIC 2013

Miguel Anxo Prado ( A Coruña, 1958) é o novo premio Nacional de Cómic, grazas a súa obra "Ardalén", que concede o Ministerio de Cultura, dotado con 20.000 euros.















 Tamén podedes atopar máis información na súa páxina web:

http://www.miguelanxoprado.com/

 AQUÍ TEMOS  O CARTEL  
DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES DESTE ANO



        As bibliotecas escolares galegas viviron importantes transformacións nos últimos anos, grazas ao esforzo conxunto de comunidades educativas e administración, nunha tarefa que ten como finalidade ofrecer máis e mellores instrumentos ao alumnado para a súa formación académica e persoal. Estas transformacións non foron só físicas (moito profesorado afirma que a biblioteca é o espazo máis fermoso do seu centro); o cambio máis importante é o que se produce no centro educativo cando a biblioteca se activa, porque arredor das súas propostas e dos seus recursos, da actividade que xenera e os apoios que presta, botan a andar (ou cobran forza, asentándose) dinámicas de traballo diferentes, prácticas pedagóxicas máis activas, propostas máis colaborativas, proxectos ilusionantes que axudan a construír coñecemento e a construír comunidade tamén. 


   deixámosvos co artigo publicado na páxina oficial

http://www.edu.xunta.es/biblioteca/blog/

domingo, 27 de octubre de 2013


DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES

      O día 24 celebrouse o Día Internacional das Bibliotecas Escolares, aínda que debido á folga, no colexio celebrámolo o VENRES 25, coa reapertura da nosa Biblioteca.
Foi unha celebración simbólica que servíu para lembrar as normas, revisar as carpetas, motivar aos alumnos, así como introducir o lema deste curso 


"LENDO CON ARTE"
   Todos os grupos de alumnos baixaron á biblioteca co seu titor/a, para ver a exposición de Libros de Arte, lembrarlles o funcionamento, distribución de espazos, préstamos...etc.

Miramos dous vídeos, un deles " El perro y el delfín", que explica o valor da amizade.


  O outro vídeo titúlase " La lectura en el arte ", onde aparecen cadros con persoas  lendo.
 l

Como despedida, todos os alumnos/as recibiron un agasallo de gominolas de Gaspar e  un marcapáxinas para colorear, relacionado co lema deste curso.

Asemade, entregouselle aos encargados de Biblioteca  do 6º curso os seus correspondentes distintivo,s que  terán que poñer o día que lles toque traballar no recreo.

Por último,un neno/a de cada curso  baixou a Biblioteca para recoller a mochila viaxeira, que comeza sempre a súa andaina por estas datas.

FOI UN DÍA MOI, MOI ESPECIAL PARA TODOS NÓS!!

Aquí tedes unha selección de fotos dos momentos máis importantes, coa música que estará  sempre presente  na nosa BiblioRía.

viernes, 25 de octubre de 2013

Nova carta de Gaspar

O pasado mércores, 23 de outubro, chegou ás nosas aulas unha nova carta de Gaspar.




Ola amiguiños e amiguiñas!

Aquí estou xa de volta, e encantado de pensar que axiña vou estar con vos, todos os días, escoitando as vosas risas e os vosos contos.

Como xa falta pouco para o Día das Bibliotecas Escolares, o 24 de outubro, estamos a preparar una pequena festa para ese día, por iso vos mando unha invitación. Espero que poidades vir todos/as, xunto coas vosas profesoras e profesores.
Pero antes quero mandarvos unhas pistas para axudarvos a descubrir o enigma proposto na carta anterior.
A primeira pista é un agasallo, un bulbo dunha pranta, que vos traio dese lugar no que estiven. Se o prantades e o cuidades ben, na primavera dará unha flor que é a típica do país no que me atopaba. Alí hai campos cheos delas, Xa o adiviñastes?
A segunda pista é ao mésmo tempo un pequeno favor que vos quero pedir. Xa tedes decorados os cadrados de cartolina que vos encarguei? Pois se é así gustaríame que poñades neles,  ben centradiñas, as láminas que vos envío. E... a ver que vos fai pensar! Pero antes diso, dádelle a volta, e coa información que atoparedes detrás podedes encher a ficha que tamén vos mando. Agora si podedes pegalas, pero con BLUE-TACK,  eh! (facede catro boliñas, unha en cada esquina e xa está).
Penso que volo puxen fácil, non si? Seguro que agora xa sabedes onde estiven e tamen en que país. E si é así, tamén tedes a pista do tema deste curso. Se aínda non o tedes claro non vos preocupedes, o día 25 quedará desvelado o misterio.
Moito me gustan estes xogos!  E a vos?
Bueno, pois non se fale máis. Mans á obra!
Agardo por vos,  o día 25,  na BiblioRía.
Bicos de libros,
GASPAR
16 de outubro de 2013
 
Despois de ler a carta, estivemos a falar e "discurrir" sobre as pistas que nos relataba (aquí podedes ver ao alumnado de 5 anos descubrindo o bulbo e as láminas agasalladas por Gaspar):

1. A primeira pista é un agasallo, un bulbo dunha pranta, que vos traio dese lugar no que estiven. Se o prantades e o cuidades ben, na primavera dará unha flor que é a típica do país no que me atopaba. Alí hai campos cheos delas, Xa o adiviñastes?

2.A segunda pista é ao mésmo tempo un pequeno favor que vos quero pedir. Xa tedes decorados os cadrados de cartolina que vos encarguei? Pois se é así gustaríame que poñades neles,  ben centradiñas, as láminas que vos envío. E... a ver que vos fai pensar! Pero antes diso, dádelle a volta, e coa información que atoparedes detrás podedes encher a ficha que tamén vos mando. Agora si podedes pegalas, pero con BLUE-TACK,  eh! (facede catro boliñas, unha en cada esquina e xa está).
Dentro de moi pouco, poderedes desfrutar coas actividades realizadas nas aulas coas láminas, así como das prantacións dos bulbos dos que medrará unha flor típica do país por onde andivo a nosa mascota.
De momento aquí vos deixamos coa invitación  para asistir á reapertura da BiblioRía (cada aula tiña a súa propia invitación personalizada).

miércoles, 23 de octubre de 2013

O Cullarapo Croque

Onte, martes 22 de outubro, os nenos e nenas de 4 e 5 anos desfrutamos dunha actividade sobre o conto "O Cullarapo Croque", grazas á visita á escola de Miguel, un mestre contacontos moi divertido (preme no seu nome para coñecelo un pouco máis).
Ao longo da actividade, puidemos descobrir os poemas que integran o libro e que xiran sobre temas como a lingua, o amor, o respecto a individualidade.... xunto a fermosas imaxes que forman un "todo" perfectamente conectado. 
Todos os presentes escoitamos con atención a Miguel, así coma participamos nas actividades e xogos que nos propoñía. Ao rematar a sesión, puidemos debuxar nunha folla unha das personaxes do conto que máis nos gustou e agasallar ao noso contacontos cunha morea de debuxos sobre o libro.
Aquí vos deixamos as imaxes da sesión.
Aquí vos deixamos coa presentación deste libro (un vídeo que puidemos atopar no blog  http://elvuelodelasmariposas.com/)

Por último, compartimos tamén este vídeo cos versos do libro.

jueves, 3 de octubre de 2013

Xa estamos de volta!


                 XA ESTAMOS DE VOLTA! 

                            Ola a todos e todas!

Xa estamos de volta un curso máis no noso blogue de BiblioRía.
Dentro de pocos días, celebraremos o 
"DÍA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES" e abriremos a nosa Biblioteca a un proxecto novo.
De momento, conformarémonos coa carta que Gaspar envíou a todas as aulas proporcionándonos  pistas sobre o tema que traballaremos neste curso. 


Ola! Que tal amiguiños e amiguiñas?
Espero que xa estedes todos de volta. Cantos desexos teño de vervos!
Estou a piques de chegar ao cole, aínda que xa sei que remataron as vacacións.
Cantas novidades  teño que vos contar e ensinar. . .
Pasei o verán viaxando. Como sempre! E como ás veces son un pouco despistado, sen saber como,  vinme metido nun tremendo labirinto de canales e canto mais nadaba menos atopaba a saída. Foi un verdadeiro pesadelo!
Pero como di o refrán; “Non hai mal que por ben non veña”, así que unha noite me encontrei nun lugar marabilloso e enorme, tan silencioso pola noite como a vosa BiblioRía, pero moitísimo mais grande, con moitas escaleiras, moitas salas e teitos de cristal!
Estaba tan canso que  adormecín. Pensei que estaba nun barco que me ía traer ao cole Ría de Vigo, pero cando o sol entrou polos teitos acristalados e polas altísimas vidreiras de cores quedei pampo  co que alí había . . . Corrín como tolo dunha sala a outra e cada cal era mellor ca  anterior!
Noooon! Non era un tesouro! Aínda que ao mellor tamén se lle pode chamar así.
 Aquelas marabillas que colgaban daquelas altísimas paredes fixéronme pensar que seguía soñando, pero . . .  de súpeto, uns fortísimos e amables gardas de seguridade leváronme ate o mar onde atopei o camiño de retorno.
Agardade por min, que chego axiña, pero mentres tanto ide  PENSANDO:  onde estaría eu? Que me podería asombrar tanto?
Se sodes quen de adiviñalo daredes coa pista do tema que imos ter este curso na BiblioRía, jaja
Outra cousiña! Querédesme facer un favor? Trátase de  decorar estes  cinco recadros de cartolina, despois coa axuda dos profes irédelos poñendo nas paredes dos  corredores.
E nada máis por hoxe. Vémonos prontiño!                     



Bicos salgados,