jueves, 28 de mayo de 2015

II QUEDADA LITERARIA

Hoxe, 28 de maio os nenos e nenas de  5 anos e os de 6º curso, en representación do  noso colexio, tivemos a sorte de participar na II QUEDADA LITERARIA, xunto con outros coles de Vigo: Carrasqueira, O Chouzo, Frián-Teis, O Pombal,  IES do Castro,  para celebrar o DÍA DAS LETRAS GALEGAS,  que esta dedicado a   XOSÉ FILGUEIRA VALVERDE.  

 
Todo foi transcurrindo segundo o programa establecido, que podedes ver abaixo, aínda que houbo algúns cambios con respecto á presentación do acto.
  Deste xeito os nosos nenos e nenas de 5 anos escoitaron tres contos representados magnificamente polos nenos/as de 1º da ESO do IES do Castro: "A galiña vermella" , " A que sabe a lúa" e " A cebra Camila" . Despois obsequiáronnos cun conto dos lidos e coas máscaras que empregaron para a representación.

Mentres tanto os nenos e nenas de 6º curso compartiron lecturas e confidencias cos alumnos/as do colexio Frián Teis. 

A xuntanza final de todos os colexios para o Acto de Clausura empezou cantando todos/as a canción " Imaxínate" do grupo Migallas. 
A continuación presentou o acto o grupo de teatro Baobad e cada centro aportou ao acto cores, contos, poesías e cancións que encheron o marabilloso entorno natural.
Nós participamos con dúas poesías. Unha de Rosalía de Castro " Adios ríos, adios fontes" que recitaron os nenos/as de 5 anos e outra titulada " O rapto de Europa", escrita e recitaba polos nenos/as de 6º curso. 
Contamos coa presencia do Sr. Alcalde, e outros representantes do Concello, como Marta, do Departamento de Normalización Lingüística, que quedaron encantados coa experiencia.
Non podemos esquecer agradecerlle a Antonio Fernández, que se encargou da organización e que cada ano organiza xuntanzas de responsables de Bibliotecas Escolares de Vigo e bisbarra, onde xurdíu esta iniciativa, que pouco a pouco se foi fraguando para converterse nesta fermosa realidade.

Grazas, tamén a todos os coles pola súa implicación e colaboración, así como a Marta, coa súa colaboración dende o Departamento de Normalización Lingüística do Concello.
Contamos tamén coa presenza de Protección Civil e distintos medios de comunicación.

No remate final da quedada cantamos outra vez todos/as xuntos/as a canción " Imaxínate", que escoitaredes xunto coa reportaxe gráfica , que podedes ver clicando no enlace de abaixo.
 Foi unha experiencia marabillosa na que tivemos ocasión de compartir lecturas, marcapáxinas e contacontos en galego, celebrando deste xeito tan festivo o Día das Letras Galegas.

martes, 19 de mayo de 2015

TEATRO PREHISTÓRICO PARA OS NENOS E NENAS DE INFANTIL


Tres nenos/as de 6º e un neno de 5º representaron, na BiblioRía, para os nenos e nenas de infantil unha obra de teatro en tres sesións, unha para cada grupo, baseada no conto " La cueva de Altamira".
 A nosa mascota Gaspar presentou a obra.
A representación tiña dúas partes: na primeira fixeron unha representación  do conto e na segunda parte explicaron, sobre un power point, onde está a cova de Altamira, como vivían naquela época e as pinturas que facían. 
Por último, un neno recitou unha poesía sobre o conto creada por él.
Os nenos e nenas de infantil pasárono moi ben!! e os nenos/a maiores fixérono estupendamente.
 Non vos perdades as fotos!

OS ALUMNOS DE 3º E 4º CURSOS VISITAN A ARTE QUE NOS RODEA

 Hoxe, martes día 19, os nenos e nenas de 3º e 4º cursos fixeron unha visita guiada pola cidade de Vigo, para traballar a a Idade Medieval e  Moderna que é o tema que lles tocou dentro do Proxecto deste curso 
" Lendo coa Arte que nos rodea".
Dividíronse en dous grupos, cada grupo cunha guía especializada que lles foi explicando cada escultura e fachada que ían atopando ademais de falarlles  da historia daquela época.
Comezaron na Praza do Rei, alí miraron a fortaleza de San Sebastián, visitaron o casco vello, o olivo, a rúa poboadores, o berbés, a rúa dos cesteiros, triunfo, a cárcere vella para rematar na Praza da Pedra.
Os nenos e nenas tomaron moitas anotacións e aprenderon moito  sobre cómo vivían naquela época na nosa cidade.
Mirade as fotos! 

viernes, 8 de mayo de 2015

VISITA AO CASTRO DE VIGO DOS NENOS/AS DE 3 E 4 ANOS

O día  6 de maio os nenos/as de 3 e 4 anos  visitaron
 "O CASTRO DE VIGO".
Como xa sabedes, no proxecto que estamos a desenvolver este curso no colexio titulado " A ARTE QUE NOS RODEA", os nenos/as de Infantil e 1º curso de Primaria  estiveron a traballar a Prehistoria e a cultura castrexa. 
Con esta visita os nenos/as puideron ver cómo vivían nesa época e aprender cousas novas, axudados pola  arqueóloga encargada dos castros.
Pasárono moi ben!!
  Disfrutade das fotos!!

viernes, 24 de abril de 2015

VISITA DA ESCRITORA PAULA CARBALLEIRA

Hoxe, 24 de abril visitounos, de novo na BiblioRía, a escritora Paula Carballeira, por cortesía da editorial Edelvives.
Falou aos nenos/as de 3º e 4º cursos do libro que  están a ler titulado
 " Casas" e contoulles unha historia de medo.
Rematou a sesión asinando os libros e no Libro de Bitácora  e recibindo  o agasallo da biblioteca, que este ano é un chaveiro artesanal.
Aquí tedes as fotos!

jueves, 23 de abril de 2015

DÍA DO LIBRO


 Hoxe, 23 de abril, celebramos O DÍA DO LIBRO.
En primeiro lugar, no ximnasio, algúns dos nenos/as de 6º curso, encargados/as da BiblioRía, presentaron o acto para celebrar este día tan especial.
A actividade dividiuse en dúas partes: 
Unha para falar da importancia da lectura e disfrutar cun vídeo  que nos transportou a un lugar máxico e cunha poesía que nos lembrou  cousas que podemos atopar na lectura.
Noutra parte falouse do libro " El Quijote". Recitaron algúns parágrafos e  lembraron algunhas das citas máis célebres desta obra; sobre todo  unha das que máis teñen que ver coa lectura:
  " El que lee mucho y anda mucho, ve mucho y sabe mucho". 
Por último, puxemos un vídeo dun dos fragmentos da obra máis coñecido: 
"A batalla cos molinos".
A continuación, cada curso foi saíndo ao patio e colocándose no lugar correspondente para facer as lecturas dos padriños e madriñas aos afillados e afilladas e compartir uns marabillosos marcapáxinas, feitos por eles.
 Dende o equipo de Biblioteca agasallamos aos nenos/as  cunha gominola de Gaspar e outra gominola de flor.
  A xornada foi un éxito! Os nenos/as disfrutaron moito das lecturas.
Aquí tedes a reportaxe gráfica!!

martes, 21 de abril de 2015

CONTACONTOS DA COMPAÑÍA "PINGA TEATRO"

Hoxe, 21 de abril, tivemos a sorte de contar cun contacontos moi especial, por cortesía da editorial Hércules.
María e Miguel, da compañía " Pinga teatro" fixeron unha animación do conto que estiveron a ler os nenos/as de 1º e 2º cursos titulado:
 " A nai da nai da miña mamá".
Fixeron unhas actividades moi entretidas e participativas; de xeito que cando rematou a sesión os nenos/as non querían que se foran e eles moi amablemente alongaron a sesión con dúas cancións máis.
 Disfrutaron moitísimo!!!
Por último, asinaron no noso libro e os nenos/as agasalláronlles co chaveiro da biblioría, que lles gustou moito.
Esperamos que volvan pronto!!  
Aquí tedes, coma sempre, a reportaxe gráfica!




VISITA DO CONTACONTOS MANUEL SOLLA

O luns, día 20 de abril, tivemos, de novo no colexio, o contacontos Manuel Solla, por cortesía da editorial S.M.
Todos os nenos/as do colexio asistiron en diferentes quendas as sesións que se programaron dende o equipo de Biblioteca.
Fixeron varias actividades sobre os libros que están a ler: interpretaron e identificaron esceas dos libros por grupos, convertíronse nos  seus personaxes favoritos....etc.
Por último, asinou no noso libro e os nenos/as agasalláronlle co chaveiro da BiblioRía 

 Aquí tedes as fotos!

lunes, 20 de abril de 2015

VISITA DO ESCRITOR PEPE MAESTRO

 O venres, día 17 de abril, visitou a BiblioRía o escritor PEPE MAESTRO, por cortesía da editorial Edelvives, para falar aos nenos/as de 1º e 2º cursos do libro que están a ler, titulado "CHISMORREO".
Jose Luis Maestro sarrión naceu en Cádiz e despois de licenciarse en Filoloxía Hispánica, fixo varios cursos de especialización en Literatura infantil e Xuvenil.
Como escritor publicou obras como " El circo de Baltasar", " Una pluma de cuervo blanco"....
A súa pasión polo teatro levoulle a fundar a compañía de títeres Cataplof, representando obras en numerosas plazas e teatros. 
Como docente impartíu numerosos cursos, obradoiros e conferencias relacionadas co fomento da lectura e o valor dos contos.
Contoulles moitas historias e os nenos/as estiveron moi atentos e entretidos.
 Foi unha sesión moi divertida!!!
Asinou todos os libros e tamén asinou no Libro de Bitácora da biblioteca.
Por último, agasallamoslle co noso chavero da BiblioRía.

viernes, 17 de abril de 2015

VISITA DOS PADRIÑOS E MADRIÑAS AOS AFILLADOS E AFILLADAS

 O venres, día 10, os padriños e as madriñas foron visitar aos seus  afillados e  afilladas.
Os nenos/as de 3 anos coñeceron aos seus padriños e madriñas.
Foi unha xornada moi especial!!
Agora os padriños e madriñas terán toda esta semana para elexir o libro que van ler o día 23  aos seus afillados e afilladas.
Non vos perdades as fotos!