Como cada curso, dende a biblioteca do colexio, enviouse unha felicitación navideña pedindo aos pais e nais que nas cartas aos Reis ou Papa Noel vaian dous libros para o colexio, un en castelán e outro en galego.
Empezarán a ler estes libros de xeito colectivo na "Hora de Ler".
FELICES FESTAS DE PARTE DE TODO O EQUIPO DE BIBLIOTECA!! facendo clic abaixo podedes ver a relación de libros.
A semana pasada, cada neno e nena levou para a súa casa o debuxo dunha caixa en papel para decorar ó seu gusto. Despois, no colexio, puxéronlle unha tarxetiña á caixa cun desexo de emocións para o Nadal: ledicia, amor, sorpresa, felicidade...etc. Como podedes ver xurdiron unha chea de emociónsque se colocaron no porche do colexio.
Aproveitando o proxecto deste curso " Emociónate coa lectura", os nenos e nenas de 5º curso encheron a parede do corredor, ao carón da súa aula, de desexos para o Nadal, cheos de emocións,
Esta semana chegou ás aulas a MALETA DE GASPAR, coa que viaxa por todos os lugares do mundo.
Dentro da maleta atopamos moitas sorpresas. Unha carta na que Gaspar nos contou moitas cousas: onde estaban situados na biblioteca os libros relacionados co proxecto deste curso "Emociónate coa lectura", actividades moi divertidas para traballar a identificación de emocións en nós mesmos e nos demais
e un libro moi interesante: para os máis pequenos " O montruo de colores " e para os maiores " El emocionario". EMPEZAMOS XA O PROXECTO DESTE CURSO!!E TODOS E TODAS IMOS EMOCIONARNOSMOITO COA LECTURA!!!
O Premio Cervantes é o Premio Nobel de las letras hispánicas. Os candidatos son presentados polo pleno de la Real
Academia Española e polas Academias dos países hispanos e os
premiados en anos anteriores.
Este ano foi adxudicado ao narrador e ensayista mexicano
Fernando Del Paso, de 80 anos.
Se queredes máis información premede no enlace de abaixo.
Por segundo ano consecutivo,
desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvose a
celebración de novembro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS
BIBLIOTECAS, sumándose á celebración doutras iniciativas como
o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de
Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles
Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, a celebrar o 4 de novembro, a
instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións.
Desde a consellería editouse,
tamén, un FOLLETO INFORMATIVOcon informacións diversas sobre a
celebración deste Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, recollendo a
programación das bibliotecas públicas.
Podedes ver toda a información premendo no enlace de abaixo. En Vigo, coma sempre, as actividades desenvólvense na biblioteca pública " Juan Companel". Tedes tamén a infromación na corcheira do "Recanto de lectura" e nas dúas corcheiras da biblioteca.
Os axudantes de 6º curso comezaron a semana pasada o seu traballo!
Cada día hai grupos de 4 ou 5 nenos nos recreos, supervisados sempre por pola mestra que lle toque ese día. Para que non se esquezan das súas obrigas cada un ten a súa" Guía de axudantes" onde veñen explicadiñas as súas funcións.
A semana pasada fixeron un gran traballo!! Noraboa chicos e chicas!! Seguide así! Aquí van as fotos! ( se tedes algun problema para miralas aconsellamos que cambiedes de explorador).
Hoxe celebramos o "Día das Bibliotecas escolares", que foi o sábado 24. Fixémolo, como sempre, coa apertura da biblioteca.
Dende as 9:30 ata as 13:45 os nenos e nenas foron baixando á biblioRía por cursos.
Primeiro tocoulles aos nenos/as de Infantil; despois aos de 1º e 2º e antes do recreo aos de 3º e 4º.
Despois do recreo acudiron a biblioteca os alumnos e alumnas de 5º e 6º.
O acto dividiuse en dúas partes: Na primeira, Gaspar apareceu nadando na pantalla dixital e lembrounos as normas da biblioRía.
A segunda parte centrouse no proxecto que imos desenvolver este curso. Gaspar preguntou sobre o encargo que nos fixo fai uns días de mirar as cariñas que están nos corredores e colocalas ben. Fomos mirando na pizarra as cariñas e comprobamos que todos os nenos e nenas traballaron moito porque recoñeceron as emocións de todas as caras.
Coa actividade das cariñas, todos os nenos/as descubriron cal vai ser o tema do proxecto deste curso: AS EMOCIÓNS, co lema " EMOCIÓNATE COA LECTURA" .
Despois os nenos/as de infantil, 1º e 2º cursos miraron un vídeo de emocións moi bonito, sobre o conto " El monstruo de colores". Os alumnos/as de 3º,4º,5º e 6º miraron outro vídeo con varias emocións presentes en distintos personaxes de debuxos animados e películas.
A última hora baixou o neno ou nena de cada curso que levará a mochila viaxeira este xoves. Os afortunados/as en levala primeiro serán: Alba de 3 anos, Samuel de 4 anos, Isaac de 5 anos, Zoe de 1º curso, Hugo de 2º, Brián de 3º, Uxía de 4º, Fran de 5º e Antonio de 6º.
E, para rematar, despedímonos cun agasallo de gominola para cada neno/a e un agasallo tamén para os mestres/as.
Disfrutamos dunha xornada moi especial e moi emotiva. Non vos perdades a seguinte entrada no blogue porque aparecerán os encargados de biblioteca, que comezan o seu traballo nos recreos.
Empezamos un novo curso cheo de sorpresas, actividades, visitas...etc na nosa biblioteca.
A primeira sorpresa foi a chegada de Gaspar ás aulas cunha carta moi interesante.
Os nenos e nenas apresuráronse a facer a actividade que lles pedíu Gaspar! Acompañados polo seu titor/a estiveron polos corredores observando as cariñas e colocándoas correctamente.
Qué actividade máis complicada!!!! sobre todo para os nenos/as de Infantil, mais souperon facela todos/as moi, moi ben.
Xa tedes moitas pistas para adiviñar o tema deste curso! De todos os xeitos, o día 26 farase un acto de reapertura da bibliteca e desvelarase o misterio sobre o tema que imos traballar durante todo o curso.
Non vos perdades a reportaxe gráfica desta actividade de motivación!