lunes, 29 de febrero de 2016

TRABALLANDO AS EMOCIÓNS CO EMOCIONÓMETRO


Os nenos e nenas do Infantil, 1º e 2º cursos  están a traballar as emocións co libro " EL monstruo de colores", que chegou fai un tempo coa maleta da biblioRía acompañado de moitas actividades.
Fixeron un EMOCIONÓMETRO cos monstruos de colores.Esta  é unha actividade que serve para que cada neno/a sexa quen de  identificar as súas emocións e falar delas.
Cada mañá os nenos/as collen a súa pinza e a colocan no montruo co que se sinten identificados: amarelo se se sinten ledos/as, azul se están tristes, vermello se sinten rabia, verde se están en calma, negro se teñen medo e rosa se están namorados.
Mirade as fotos!

jueves, 25 de febrero de 2016

COCIÑANDO COAS EMOCIÓNS

A semana pasada os nenos e nenas de 1º e 2º cursos fixeron un obradoiro de emocións.
Elaboraron, no comedor do colexio, coa axuda das titoras, unhas galletas de manteiga con distintas formas; algunhas con forma de corazón.
Mirade as fotos!!
Pasárono moi ben!! e as galletas estaban riquísimas!


OBRADOIRO DE EMOCIÓNS on PhotoPeach

martes, 16 de febrero de 2016

GASPAR CHEGA CUNHA NOVA ACTIVIDADE

Esta semana chegou unha carta de Gaspar ás aulas propoñendo unha actividade moi bonita para os nenos e nenas de 5 anos de Infantil e toda primaria.
Como foi o día de San Valentín e este curso tratamos as emocións, Gaspar falounos dunha emoción moi importante en todos nós: O AMOR. 
A actividade consiste en facer un cariñograma, é dicir, enviar mensaxes de cariño, amizade, agradecemento e amor entre os compañeiros/as, deste xeito poderemos descubrir as cualidades propias e dos demais compañeiros e por suposto emocionarnos moito.
Pronto as paredes dos corredores estarán cheas de mensaxes!
 Estade atentos! cando estean os cariñogramas preparados, poderedes ver as fotos neste blogue. 

lunes, 8 de febrero de 2016

ENTROIDO CHEO DE EMOCIÓNS

Como xa sabedes, este curso estamos a traballar as emocións co lema
 " EMOCIÓNATE COA LECTURA".
Deste xeito tivemos un entroido cheo de emocións
Os nenos e nenas de Infantil, 1º e 2º cursos disfrazáronse de monstruos de cores, baseado no conto sobre emocións que están a traballar na clase.
Ó principio o monstruo estaba liado, sentindo moitas emocións ao mesmo tempo, mais ó final axudado por unha nena xa soubo colocalas cada unha no seu sitio.
Uns nenos e nenas foron de monstruos amarelos, que simbolizan a alegría, outros de verde, representando a calma, outros de vermello, coa ira como protagonista e outros de azul, que é a cor da tristeza. Faltou o monstruo negro, que simboliza o medo e todos/as quixemos poñerllo como meco e queimalo, para que o medo non nos acompañe nunca máis.
Despois do desfile e da queima do meco, degustamos os riquísimos postres do entroido que trouxeron os nenos/as.
Se queredes ver as fotos premede no enlace de abaixo. tedes máis fotos na páxina web do colexio e do Anpa e no blogue de Infantil.

viernes, 18 de diciembre de 2015

UN LIBRO SEMPRE, TAMÉN NO NADAL

Como cada curso, dende a biblioteca do colexio, enviouse unha felicitación navideña pedindo aos pais e nais que nas cartas aos Reis ou Papa Noel vaian dous libros para o colexio, un en castelán e outro en galego.
Empezarán  a ler estes libros de xeito colectivo na "Hora de Ler".

 FELICES FESTAS DE PARTE DE TODO O EQUIPO DE BIBLIOTECA!!
 facendo clic abaixo podedes ver a relación de libros.




jueves, 17 de diciembre de 2015

ESTE NADAL, O MELLOR AGASALLO.....

A semana pasada, cada neno e nena levou para a súa casa o debuxo dunha caixa en papel para decorar ó seu gusto. Despois, no colexio, puxéronlle unha tarxetiña á caixa cun desexo de emocións para o Nadal: ledicia, amor, sorpresa, felicidade...etc.
 Como podedes ver xurdiron unha chea de emocións que se colocaron no porche do colexio.
Mirade as fotos!

UN NADAL CHEO DE EMOCIÓNS

Aproveitando o proxecto deste curso " Emociónate coa lectura", os nenos e nenas de 5º curso encheron a parede do corredor, ao carón da súa aula, de desexos para o Nadal, cheos de emocións,
 Mirade as fotos!!

jueves, 19 de noviembre de 2015

A MALETA VIAXEIRA CHEGOU ÁS AULAS

Esta semana chegou ás aulas  a MALETA DE GASPAR, coa que viaxa por todos os lugares do mundo.
 Dentro da maleta atopamos moitas sorpresas.
Unha carta na que Gaspar nos contou moitas cousas: onde estaban situados na biblioteca os libros relacionados co proxecto deste curso 
"Emociónate coa lectura", actividades moi divertidas para traballar a  identificación de emocións en nós mesmos e nos demais
 e un libro moi interesante: para os máis pequenos " O montruo de colores " e para os maiores " El emocionario".
EMPEZAMOS XA O PROXECTO DESTE CURSO!!E TODOS E TODAS IMOS  EMOCIONARNOS MOITO COA LECTURA!!! 


domingo, 15 de noviembre de 2015

PREMIO CERVANTES 2015


O Premio Cervantes é o Premio Nobel de las letras hispánicas. Os candidatos son presentados polo pleno de la Real Academia Española e polas Academias dos países hispanos e os premiados en anos anteriores. 
Este ano foi adxudicado ao narrador e ensayista  mexicano
 Fernando Del Paso, de 80 anos. 
Se queredes máis información premede no enlace de abaixo.
http://elpais.com/tag/premio_cervantes/a/ 

martes, 10 de noviembre de 2015

NOVEMBRO, MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS

Por segundo ano consecutivo, desde a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria promóvose a celebración de novembro como  MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, sumándose á celebración doutras iniciativas como o Día da Ciencia en Galicia, da Real Academia Galega de Ciencias, celebrado o pasado 1 de xuño e dedicado á oceanógrafa galega Ánxeles Alvariño, ou o Día da Ciencia en Galego, a celebrar o 4 de novembro, a instancia da Institución Galega de Ciencia entre outras institucións. 
Desde a consellería editouse, tamén, un FOLLETO INFORMATIVO con informacións diversas sobre a celebración deste Mes da Ciencia en Galego nas Bibliotecas, recollendo a programación das bibliotecas públicas.
Podedes ver toda a información premendo no  enlace de abaixo. En Vigo, coma sempre, as actividades desenvólvense na biblioteca pública " Juan Companel". Tedes tamén a infromación na corcheira do "Recanto de lectura" e nas dúas  corcheiras da biblioteca.