Coa apertura da BiblioRía os novos/as protagonistas son os nenos/as de 6º curso que se comprometereon durante todo o curso a ser axudantes de biblioteca.
Primerio fíxose unha xornada de formación na biblioteca, que se foi prolongando durante varios recreos da primeira semana.
As súas tarefas van consistir principalmente en colocar os libros nos estantes axeitados, manter a orde e vixiar que se cumpran as normas da biblioteca, xunto co mestre/a de garda, ademais de participar nalgunhas tarefas de biblioteca: selado e etiquetado de libros, recortado e coloreado de imaxes...etc.
Ademais este curso, como o curso pasado, animánse a contar contos os máis pequenos.
Cada quen elixíu un día para traballar na biblioteca e formáronse grupos para toda a semana.
Benvidos/as !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario