Esta mañá tivemos o pracer de recibir no colexio a visita de Discamino, con Gerardo (precursor) e Pitillas (fundador) a cabeza, dando inicio a esta andadura, acompañados de 3 compoñentes máis do seu gran equipo, compartiron unha mañá moi agradábel co alumnado de 6º de primaria, na que puidemos coñecer as súas historias persoais, como naceu o proxecto, o seu traballo e o modo particular de vivir o Camiño coas persoas con discapacidades. Aprendizaxes imprescindibles tendo en conta o noso PDI deste curso, “Sentidiño no Camiño”. Ademais disto, tamén responderon a unha pequena entrevista que lles fixeron os reporteiros da radio escolar 📻 a través dun programa especial de “Ondas do Ría” que proximamente verá a luz e poderedes gozar.
Aos nosos lectores, recomendámosvos que sigades a súa páxina de facebook (DisCamino) onde mostran a fermosa labor que desempeñan (http://discamino.org/) e animámosvos a ver “El desorden de los sentidos” coprotagonizado por Gerardo.
Antes de finalizar, cabe destacar, que Javier Pitillas, o fundador de Discamino, actualmente opta ao Premio Princesa de Asturias da Concordia pola súa gran labor e traxectoria. Parabéns!
Moitas grazas pola visita!
Quedamos tod@s marabillados con vós!
No hay comentarios:
Publicar un comentario